18/5/23

BIBLIORAÍCES AGORA É A "BIBLIOTECA CONCHA BLANCO"

Temos que dar unha das novas máis emotivas dos último tempos.  Acabamos da bautizar a nosa biblioteca co nome da gran escritora ceense Concha Blanco. Co motivo da celebración da festividade das Letras Galegas 2023, o pasado 16 de maio tivemos a honra e o pracer de recibir a escritora Concha Blanco no noso centro, donde impartíu unha conferencia sobre "O proceso creativo" para todo o alumnado de 1º BACH e todo o profesorado que tiña dispoñibilidade para asistir.  O equipo da biblioteca, en coordinación co equipo directivo (e previa aprobación do claustro e o consello escolar) tíñamoslle preparada unha gran sorpresa: bautizar o espazo da nosa biblioteca como "Biblioteca Concha Blanco", en recoñecemento a súa traxectoria no mundo da literatura galega e tamén como homenaxe á súa traxectoria educativa na nosa contorna, incluíndo moitos anos no IES Agra de Raíces (tras pasar polas escolas de Nemiña, Dumbría, Ézaro, Cee...)  A conferencia resultou de gran interese para tódolos asistentes e a sorpresa que levou a escritora ao final da mesma cando lle comunicamos que a biblioteca, desde ese día, levaría o seu nome, foi tan grande como emotiva, quedando moi agradecida por tal feito.

Fíxose a entrega dun ramo de flores por parte de dúas alumnas e descubrimos a placa conmemorativa que, por certo, foi deseñada pola profesora de Debuxo Laura Velasco e impresa no propio centro sobre madeira cunha impresora laser 3D.  Aquí deixamos algunhas imaxes deste día tan emotivo que xa quedará para sempre nas nosas memorias.  Grazas Concha Blanco por todo e, xa sabes: esta é a túa casa, a túa biblioteca.













MARCAPÁXINAS GAÑADOR DO VALE "UN LIBRO E ALGO MÁIS" LETRAS GALEGAS 2023

 Tal e como vos prometemos, aquí tendes a imaxe do marcapáxinas premiado cun vale de 20€ para facer efectivo na librería Ler de Cee. Como vedes, e un pouco máis pequeno que os demáis, na parte superior pon "Biblioraíces 2023" en vez de "Letras Galegas 2023" e inclúe 4 imaxes en vez de 3 (o retrato de Fernández del Riego e fragmentos de 3 portadas dos seus libros).

O que teña este marcapáxinas, que pase maña venres 19 de maio pola biblioteca no primeiro recreo para recibir o seu vale.  Noraboa ao agraciado/a!!



SAÍDA DO NOSO CLUB DE LECTURA

 Os rapaces e rapazas do club de lectura  "Libros coma area" levaban moito tempo desexando facer unha saída, o ano pasado cando se levantaron as restricións da pandemia tentáramos facer unha excursión ao Pindo pero o tempo non acompañara. Finalmente, o día 11 de maio, realizouse o tan agardado roteiro literario pola cidade de Santiago de Compostela; 21 alumnos e alumnas coa compañía dos tres profesores integrantes do club de lectura fixemos unha andaina polo Casco vello e a Alameda.

Primeiramente percorremos o Casco vello visitando os monumentos máis senlleiros, mentres que comentabamos diferentes anécdotas literarias. 


Posteriormente vistamos o Museo do Pobo Galego, onde a escaleira helicoidal de Santo Domingo de Bonaval causou furor.


Finalmente realizamos un pícnic na Alameda, onde aproveitamos para ver os monumentos dedicados a diferentes autores, como por exemplo o de Valle Inclán.

10/5/23

LETRAS GALEGAS 2023

 Xa está moi preto unha das datas máis especiais do curso, o día das Letras Galegas no que, neste ano, homenaxeamos a Francisco Fernández del Riego.  Levamos semanas a preparar este día, no que teremos o inmeso pracer de contar coa gran escritora ceense Concha Blanco, ex profesora deste centro y boa amiga, que impartirá unha conferencia sobre "O proceso creatrivo" para os alumn@s de 1º de Bacharelato o día 16 de maio as 12:30 na biblioteca.  Xa adiantamos que haberá grandes sorpresas neste acto...

Por outra banda, estamos a preparar cos alumnos do Proxecto Competencial do 1º e 3º da ESO uns marcapáxinas conmorativos de Fernández del Riego para todo o alumnado de 1º e 2º da ESO, nos que se inclúe un retrato do autor e as portadas de 3 das suas obras. Estes seran repartidos entre o día 15 e 16 e terán asociado un concurso no que, o que teña un marcapáxinas especial (que daremos a coñecer posteriormente) e poida contestar unhas preguntas moi básicas sobre o autor, recibirá un agasallo en forma de vale para canxear "por un libro e algo máis" nunha librería da localidade.

Por outra banda, en colaboración có ENDL, e os profesores José Lago de Matemáticas y Laura Velasco de Debuxo, ideamos, confeccionamos y puxemos en marcha a "Gramola do Raíces", un aparello baseado nunha tablet na que se artellou un interface a modo de gramola dixital, onde toda a comunidade educativo pode escoller temas de música en galego en diferentes estilos musicais, incluindo unha sección de músicas baseadas en textos de Rosalía de Castro.  Esta tablet está conectada a un altofalante e integrada nunha "caixa" con forma de gramola e está ubicada á entrada do centro para uso e desfrute de toda a comunidade, que pode escoller a música do estilo que prefira durante os recreos.

Tamén temos expostos os fondos correspondentes a este autor na entrada da biblio, moitos deles de recente adquixición como "Pumardedón", "Lourenza", "Galicia", "Camiño andado" ou "Xeración Galaxía".  Deixámosvos unhas imaxes cos preparativos.

Aproveitamos tamén para expoñer na mesa da entrada as derradeiras novidades de banda deseñada en galego, unha colección que estamos ampliando especialmente neste curso e da cal teredes máis información na nosa próxima guía de novidades.

Alumnado de 1º ESO B confeccionando os marcapáxinas

Alumnado de 1º ESO A confeccionando os marcapáxinas

Os resultados...

Os nosos fondos de Francisco Fernández del Rieego

Novidades de banda deseñada en galego

A Gramola do Raíces

Detalle da interface da gramola





3/5/23

BIBLIORAICES COLABORANDO CÓ ALUMNADO PARTICIPANTE NO CONCURSO EMYDUR

5 alumnos de 3º ESO participaron neste concurso científico literario da Universidade da Rioja. Para participar é necesario ler a novela "A flor de piel" de Javier Moro.  Desde a Biblioteca comprouse un exemplar e os organizadores enviáronnos 4 exemplares máis  que quedarán como fondos de préstamo na nosa biblio. No libro cóntase a historia da expedición de Balmis e Isabel Zendal para levar a vacuna aos territorios de ultramar. O alumnado participante, ademáis de ler o libro, tiñan que realizar un relato de entre 4 e 9 páxinas. Ademáis, debían contestar unha serie de preguntas científicas acerca da enfermidade da viruela e das vacunas.  A data de entrega destas tarefas foi o 2 de mayo.  Finalmente, para divulgar a expedición e a historia da vacuna da viruela, as profesoras implicadas (Laura Otero de Biología y Jenifer Espasandín de Matemáticas) adicaron unha sesión na biblioteca para todo o alumnado de 3º ESO para explicar os contidos do concurso máis relacionados có currículo das súas materias.

MINIMITOVIDEOS DE CULTURA CLÁSICA

O Departamento de Latín e Grego está a realizar durante o curso 2022-2023 a actividade chamada "Minimitovídeos" co alumnado de Cultura Clásica de 4º de eso, en coordinación coa Biblioteca, o Club de Ciencia, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e coa colaboración de S.O.S. Clásicas, asociación que reivindica a visibilización das clásicas e unha maior presenza do latín, do grego e da cultura clásica na ensinanza.

A actividade "Minimitovídeos" ten como núcleo a elaboración de pequenos vídeos que reproducen episodios de mitos grecolatinos (en ocasións son un retrato dun personaxe). Os "Minimitovídeos" teñen unha duración media de 10 segundos, non teñen son, non teñen vestiario específico nin casi atrezzo. Os vídeos foron dirixidos e filmados polo alumnado, que tamén actuou nos mesmos.

Como material accesorio o alumnado elaborou pequenos carteis chamados "Mitos na pintura" nos que utilizando como pretexto unha obra pictórica de motivo mitolóxico resumiron os episodios reproducidos nas pinturas ou gravados. Estes carteis expuxéronse no corredor da biblioteca e serviron para a confección dunha publicación coa aplicación Isuu.

https://issuu.com/piticapela/docs/mitos_na_pintura_5418bb149f0d05/1

Cos vídeos preparáronse dous Kahoots (concursos lúdicos educativos interactivos) que foron xogados polo alumnado de varios niveis durante a Semana Cultural. Os alumnos e alumnas que gañaron en cada aula e en todo o instituto recibiron o seu premio. Os Kahoots están na páxina desta utilidade, a disposicion de quen o quera utilizar.

Tamén se están a preparar con estes vídeos, dentro do Club de Ciencia do instituto, dúas aplicacións mediante a utilidade App Inventor, aplicacións que tamén quedarán a disposición do que estea interesado na páxina de dita utilidade.

A devandita asociación S.O.S. Clásicas está a publicar progresivamente os "Minimitovídeos" na súa conta de Instagram, onde os utiliza como centro dun pequeno concurso con premios.

https://www.instagram.com/reel/Cq74TBoqraD/?utm_source=ig_web_copy_link


26/4/23

FELIZ DÍA DO LIBRO 2023


Desde Biblioraíces e o Club de Lectura Libros Coma Area, levamos a cabo diferentes iniciativas para conmemorar este importante día, unha delas foi a grabación e producción deste vídeo con reconmendacións literarias por parte dos integrantes do noso club de lectura. Está grabado en diferentes espazos do centro, incluída a propia biblioteca e os alumnos e alumnas fixeron un traballo excepcional. Aquí podedes velo:


Por outra banda, o alumnado de Proxecto Competencial de  1º ESO estivo facendo uns muráis con frases célebres sobre os libros e a lectura que xa se poden ver na cristaleira da subida ao primeiro andar.  Aquí podedes ver unha vista xeral e algúns deles máis en detalle:






Tamén, en colaboración có ENDL, varios alumnos de 4º ESO fixeron uns marcapáxinas alusivos a libros  de especial interese para eles.  Os resultados están expostos no taboleiro da biblioteca á entrada do centro:





 

12/4/23

XORNADAS LITERARIAS 2023

 Novamente, neste curso temos a oportunidade de recibir a varias autoras na biblioteca do noso centro en diferentes datas: tanto na Semana Cultural como en datas próximas a celebración do Día das Letras Galegas.   Algunas delas, como Alba Rozas, Ainhoa Conde o Guadalupe Vázquez  a falar das derradeiras novidades e os seus proxectos, outras, como a ilustradora Laura Suárez e a nosa queridísima Concha Blanco, propóñennos un obradoiro de ilustración e unha charla sobre o proceso creativo.   Moitas grazas a todas polo voso tempo, os vosos coñecementos e, sobre todo, pola vosa creatividade, que fai que o mundo literario se amose máis preto dos nosos lectores y lectoras.

Deíxovos o cartel de este ano:



21/3/23

XORNADAS DE LECTURA E DIVULGACIÓN DOS FONDOS EN FRANCÉS

 Desde o Departamento de Lingua Francesa, nas últimas datas veñen desenvolvéndose unhas xornadas de lectura e divulgación dos fondos da biblioteca en francés. Para iso, o alumnado de 1º ESO está a recibir unhas clases na sala da Biblioteca donde seleccionan obras nesa lingua, realizan sesións de lectura comunitaria e comentan o vocabulario das mesmas.  Grazas á profesora Mila Trillo por esta iniciativa que incide na dinamización da vida da nosa biblioteca. Aquí deixamos unhas imaxes de 2 sesións diferentes.





FELIZ DÍA DA POESÍA!

 FELIZ DÍA DA POESÍA 2023, MARTES 21 DE MARZO



9/3/23

GAÑADORES DO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS DE ROSALÍA


 Adicamos esta entrada a poñer en valor as creacións feitas polo noso alumnado para o concurso de videopoemas de Rosalía de Castro, especialmente nos cursos de 3º ESO e 1º de BACH.  Resultou moi difícil escoller cales eran os mellores pero, finalmente, esta foi a decisión do xurado:

1º PREMIO: DANIELA ALVITE (1ºBACH) con "Ramo de froles parece Muxía"


FINALISTA 1: LÚA IGLESIAS Y ÉRIKA CIVES (1º BACH)  con "Follas novas e Cantares gallegos"


FINALISTA 2: MARÍA DOMÍNGUEZ (1º BACH) con "Follas novas e Cantares gallegos"


FINALISTA 3: SARA CAAMAÑO Y XIANA TRILLO (3º ESO) con "Cando era tempo de inverno"



Outros videopoemas moi interesantes

                                                          De Andrea, Diego e Arwen


De Saray de Jesús Lago


De Lucía e Paula


De Dani Noya









8/3/23

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

 


Unha vez máis, desde Biblioraíces estamos a levar a cabo diferentes iniciativas en colaboración con varios departamentos e o ENDL.  Para comezar, na sala principal da Biblioteca fixemos unha exposición cunha escolma dos fondos da sección de feminismo e igualdade.


Por outra banda, en colaboración có Departamento de Inglés, os grupos de 4º fixeron uns muráis con mensaxes relacionados có feminismo e a igualdade. Aquí podedes ver o que fixo o grupo de 4º ESO B.


O alumnado de Proxecto Competencial de 1º e 3º ESO está a desenvolver distintas iniciativas que darán como resultado unhas produccions audivisuais que vos amosaremos cando estén rematadas.  Aquí abaixo os alumnos de 1º ESO traballando na grabación dunha entrevista:


24/2/23

24-F DÍA DE ROSALÍA


 Como en cada curso, en Biblioraíces conmemoramos esta data tan especial cun diversas iniciativas que poñen en valor a figura de Rosalía en tódalas dimensións.   Para este ano, e en coordinación có departamento de Lingua Galega e o ENDL puxemos en marcha un concurso de vídeopoemas entre o alumnado de 2º e 3º ESO e 1º de Bacharelato, no que tivemos unha moi boa resposta e uns resultados espectaculares; varios alumnos e alumnas de 2º ESO  así como o alumnado do Proxecto Competencial de 1º e 3º ESO tamén elaboraron diversos materiais en formato dixital sobra a autora galega e, por último, as alumnas de música de 4º ESO fixeron unha presentación conxunta (un canva colaborativo con máis de 30 diapositivas) recollendo a meirande parte dos textos musicados de Rosalía de Castro, incluíndo os textos dos poemas, os compositores o grupos musicais, enlaces a os vídeos de youtube, spotify, etc., nun traballo moi completo que pon en relevancia a magnitude da obra rosaliana como fonte de inspiración para outras artes, neste caso a música. Aquí está o enlace a este último traballo.

Textos musicados de Rosalía de Castro:

https://www.canva.com/design/DAFadE9nvaA/adkI11t5yhnPcRnyw8LKdA/view?utm_content=DAFadE9nvaA&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink

Algunhas das presentacións dixitais sobre poemas e Rosalía feitas polo alumnado de 2º ESO:

https://drive.google.com/file/d/1PbICJwdb1Y_dIicswQQwiAF68MzXx_BH/view?usp=share_link

https://drive.google.com/file/d/1KivNFuCL-rQeLoYsYOURFdvF6So2SGAQ/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1vmJLFM4s4SCVnR2me3o4gjWLYeSjAWhw/view?usp=sharing

https://view.genial.ly/63eb81559535b700128c6375/video-presentation-rosalia-de-castro

https://view.genial.ly/63eb81e7ebdb470018c9da13/presentation-rosalia-de-

castro

https://view.genial.ly/63e4c07a69d059001b2bcb39/video-presentation-ala-pola-noite

https://view.genial.ly/63e3b871213ce30012a735cd/interactive-content-accionable-libro

https://docs.google.com/presentation/d/11ZKN3kahcBmvx88yB22o9BKKYa-t-7zjjHqFUrFGB64/edit?usp=sharing

https://www.canva.com/design/DAFZy1CTYcY/jtCoGtq0CLPXFdHYos5ANQ/edit?utm_content=DAFZy1CTYcY&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton





GAÑADORES DOS CONCURSOS DO ENTROIDO 2023 E MELLORES IMAXES


El grupo QUEEN, integrado por Sabela, Lúa, Xavi e Anxo

1º PREMIO do festival de actuacións ENTROIDO 2023.
 

O pasado venres 17 de febreiro pasamos unha xornada sensacional e moi divertida no festival de entroido organizado por Biblioraíces en colaboración có ENDL.  Despóis de disfrutar Photocall especialmente habilitado e decorado para esta data, así como do novo croma, que estreamos na biblioteca para a ocasión, nas dúas últimas sesións da mañá tivemos o festival no salón de actos do centro onde alumando e profesorado poideron brillar con luz propia con unhas actuación maxistráis para deleite de tódolos presentes.  Despoís de ver tódalas actuacións do día e de revisar as fotos feitas aos disfrazados que se presentaron ao concurso, acordamos os seguintes premios para os concursos:

CONCURSO ACTUACIÓNS MUSICAIS:

1º PREMIO- Grupo  QUEEN  Vale de 60 €

2º PREMIO- Grupo GREASE Vale de 30 €

3º PREMIO- Grupo ONE DIRECTION y el DINOSAURIO  Merienda en la Cafeteria del centro


CONCURSO DISFRACES:

1º PREMIO- HATSUNE MIKO  (Ainhara Toba de 1º BACH) Vale de 2 €

2º PREMIO- CAMILO (Carla García de 1º ESO) Vale de 15€

3º PREMIO- ESTRELL DEL ROCK (Irene González de 1º ESO) Vale de 10€

Na seguinte presentación feita polo noso compañeiro Pablo Rodríguez, podedes ver algunhas das mellores imaxes do noso ENTROIDO 2023:

https://drive.google.com/file/d/1WSjaELP9-dDcGRbAkxyuecmO4_RW7tn5/view

Aquí tendes as fotos correspondentes á entrega de premios dos concursos:

1º PREMIO ACTUACIÓNS "QUEEN"

2º PREMIO ACTUACIÓNS "GREASE"

3º PREMIO ACTUACIÓNS "ONE DIRECTIÓN Y EL DINOSAURIO"

1º PREMIO DISFRACES Ainhara Toba

2º PREMIO DISFRACES Carla García

3º PREMIO DISFRACES Irene González







2-FEB DÍA DA CANDELORIA

 Dí o noso refraneiro que " a partir da Candeloria ningunha ave voa soa". E así foi; no día do casamento dos paxariños, centos deles voaron polo nosoc entro cantando mensaxes de amor. Así, para festexalo por todo o alto, realizamos na biblioteca un recital de poesía no que ficamos abraidados pola calidade poética do noso alumnado nesta arte literaria; e decoramos a entrada do centro e o corredor da cafetería con dúceas de paxariños de papel realizados por alumnado voluntario de diferentes cursos.

E ademáis, comoesta festividade non só ten a súa pegada en Galicia, o alumnado de francés celebrou a Chandeleur preparando e comendo moreas de crepes

 Imos deixando algunhas imaxes das actividades: Na parte superior a decoración e, despoís, a actividade da Chandelier dinamizada pola profesora de francés Arantxa Caamaño.