Busca na biblio!

21/10/26

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24-O

 Conmemorando o próximo Días das Bibliotecas, o noso alumnado de Proxecto Competencial de 3º ESO elaborou uns murais con información sobre a orixe da escritura, alfebetos de diverentes culturas e línguas e algúnhas das bibliotecas máis relevantes da historia e do mundo. Aquí tendes uns exemplos.

Están expostos no corredor das aulas da ESO.

 Moitas grazas rapaces e rapazas!












DÍA DAS ESCRITORAS


 Como cada curso, conmemoramos este día tan especial como é o Día das Escritoras, o primeiro lúns máis próximo á efeméride do pasamento de Teresa de Jesús.  Nesta ocasión, os rapaces e rapazas do Proxecto Competencial de 2º ESO foron os encargados de confeccionar unas murais sobre escritoras da nosa comarca, a Costa da Morte, nos que se amosa información básica e as portadas dalgunhas das súas obras.

Parabéns a tódalas escritoras da Costa da Morte e do mundo enteiro. Grazas!

 Aquí tendes unha mostra.












NOVIDADES "TERRORÍFICAS" PARA O SAMAÍN, TODAS DE ESCRITORAS

 Deixamos o enlace ao instagram do noso club de lectura Libros Coma Area, coas últimas novidades en relación có día dos escritoras, neste caso con temática especial para o Samaín.

Novidades Samaín Escritoras 2026



XORNADA DE FORMACIÓN DOS NOVOS USUARIOS

 O pasado venres 16 de outubro rematamos as xornadas de formación de novos usuarios do alumnado de 1º ESO así como do alumnado de 1º do Ciclo de Hixiene Bucodental.  Acompañados da nosa compañeira Lara Trillo, os alumnos e alumnas  de 1º ESO A e B tiveron a oportunidade de coñecer os recursos da nosa biblioteca e facer unhas prácticas de búsqueda de fondos diversos. Tamén se lles explicaou as posibilidades da plataforma de lectura dixital ELBE-2, a disposición de tódolos usuarios.  Aquí tendes un par de fotos da derradeira xornada.






BASES CONCURSOS SAMAÍN 2026




 

16/10/26

BENVIDAS, BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO 26/27

 Voltamos con forza nesta nova etapa e non vos temos esquecido!

Xa levamos a cabo as sesións de formación de novos usuarios en 1º ESO e 1º dos Ciclos Formativos, temos feitos os primeiros pedidos, con novidades moi interesantes en manga, literatura de terror de autoras femininas e moito máis.  Tampouco nos esquecemos dos concursos do Samaín, que xa estén marcha: microrrelatos arrepiantes e epitafios.

O club de lectura Libros coma area xa ten organizados os diferentes grupos e feitas as primeiras reunions.  Os primeiros pedidos para o club están a piques de chegar!

E, por suposto, Día das Bibliotecas e Dia das Escritoras en marcha, con materías gráficos (murais) preparados para ser expoxtos.

En breve, información e fotos de todo isto e moito máis!


20/5/26

GAÑADORES DO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS DE ROSALÍA 2026

Temos o pracer de anunciar os gañadores desta nova edición do Concurso de Videopoemas de Rosalía 2026.

-1º Ciclo da ESO:  Fabio Lamela, de 2º B.

-2º Ciclo da ESO:  Ana Paz e Clara Vázquez, de 3º ESO A.

-BAHC: Velia Dayana Ramós de 1º Bach C e Xoán Iglesias, de 1º Bach B.

Destacar que, o traballo realizado por Velia Dayana Ramos Tercero, foi tamén seleccionado como finalista do Concurso de videopoemas de Rosalía e Manuel María Organizado pola Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei.

Parabéns aos gañadores e grazas as profesores e profesoras do departamento de Lingua Galega por axudarnos a dinamizar a actividade.

Podes ver os videopoemas gañadores facendo clic na seguinte imaxe:




17/5/26

PODCAST SOBRE SOSTIBILIDADE DO CICLO DE HIXIENE BUCODENTAL (8 EPISODIOS) BY RADIO AGRA RECORDS

 Sensacional o traballo da nosa compañeira Leticia e os seus alumnos con estes podcast sobre sostibilidade. Agora que nos achegamos ao 22 de Maio (Día Mundial da Diversidade Biolóxica) e ao 5 de xuño (Día Mundial do Medio Ambiente), estes traballos poden ser un bo recurso para aproveitar nalgunha clase, garda e mesmo en horas de titoría.

Uns traballos moi elaborados e moi ben editados.  Parabéns a Leticia e os seus alumnos.

Benvidos a Sorrisos con Raíces, un podcast elaborado polo alumnado de 1º curso do ciclo superior de Hixiene Bucodental que consta de 8 episodios. Neles podedes informarvos sobre cales son os principais retos ambientais e sociais aos que nos estamos a afrontar na actualidade, entrevistas á veciñanza, institucións e empresas de Cee, así como obter tips útiles para  contribuir a unha sociedade máis sostible e acolledora na que vivir. 

Agradecemos enormemente a todas as persoas e establecementos que contribuiron a poder facer deste proxecto de aula unha realidade. 

Dádelle moito cariño e, sobretodo, difundide a mensaxe xa que como ben di o refrán... Sostibilidade compartida, sociedade máis agradecida!


ESCOITA OU DESCARGA OS PODCASTS AQUÍ!



12/5/26

PRESENTACIÓN LITERARIA: "EU MONSTRO", CON GUADALUPE VÁZQUEZ

 Na segunda sesión de hoxe tivemos a inmesa sorte de volver a contar coa visita da profesora e escritora Guadalupe Vázquez Formoso, que nos presentou a súa derradeira novela, "Eu monstro," sobre a transfobia e o acoso escolar.  Nesta ocasión, foron os alumnos e alumnas de 2º ESO os que poideron disfrutar coa literatura sempre comprometida de Guadalupe que, ademais, sorteu entre os asistentes 5 exemplares das súas obras (Eu monstro e Alicia no labirinto das sombras).  Unha vez máis, moitísimas grazas por todo, Guadalupe.




10/5/26

LETRAS GALEGAS 2026

 Nunha nova edición do Día das Letras Galegas, neste curso 2026 estamos a traballar en diferentes frentes: presentacións dixitáis, podcasts, lecturas.  Para comezar, deixámovos enlace a esta presentación feita polo alumnado de Proxecto Competencial de 3º A e PDC con tódolos homenaxeados e homenaxeadas desde a creación deste galardón.

Homenaxeados Letras Galegas 1963-2026

Aquí, a emisión especial completa que fixemos o día 15 desde Radio Agra:

EMISIÓN ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2026 RADIO AGRA

E seguimos cunha das partes desa emisión, con este maravilloso podcast sobre "Anécdotas da Historia" elaborado polo alumnado de 2º ESO coordinado pola profe de historia Teresa Llamas.  Parabéns por este estupendo traballo!

Anécdotas da Historia Podcast

E tamén, este mural coordinado polo ENDL do centro no distribuidor do 1º andar:





24/4/26

NOVEDADES DÍA DO LIBRO

 Especial "Novidades Día do Libro 2026" realizado polo alumnado de proxecto competencial de 2º ESO.

                             














DÍA DO LIBRO 2026

 Un ano máis, estamos de celebración, e por iso levamos a cabo a actividade multidisciplinar de literatur, música e plástica en homenaxe a este día do libro 2026, donde varios alumnos voluntarios leeron fragamentos seleccionados de obras da literatura universal, nacional e galega, acompañados de músicas seleccionadas para a ocasión y con representacións plásticas feitas en tempo real por outros compañeiros e compañeiras.  Fixemos unha sesión para cada curso da ESO, destacando a sesión de 1º ESO donde, ademási, se incluíu un espectáculo de maxia protagonizado polo profesor de clásicas Manuel Carande e o alumno de 1º ESO Ingnacio Delgado.  Grazas a tódolos participantes e, especialmente, á nosa compañeira Lara Trillo, coordinadora do Club de Lectura, que organizou tódalas sesións de forma impecable. 

Deixamos algunhas fotos:

 

                                                    
                        


16/3/26

17-M DÍA DO CÓMIC E O TEBEO

 Adxuntamos o cartel conmemorativo do Día do Cómic e o Tebeo 2026 así como unhas recomendacións do Consello de Cooperación Bibliotecaria.  Algunhas, serán próximas adquisicións na biblio.