Nos derradeiros días de setembroe primeiros de outubro programamos as visitas a biblioteca de todo o alumnado de 1º ESO así como dos primeiros cursos do ciclos formativos de CAE e Hixiene Bucodental para explicarlles todo o relativo ao funcionamento, os recursos dispoñibles, as posibilidades de búsqueda, etc. Nesta ocasión puxemos especial enfase no aproveitamento da plataforma de lectura dixital Bega-Elbe2, na que varios usuarios xa se mostraron interesados. Tamén estudamos posibilidades de colaboración entre o alumnado do ciclo e a biblioteca para xerar e difundir materiais para Radio Agra que, esperemos se concreten ao longo do curso. O equipo de biblitoteca (Lara Trillo, Pablo Rodriguez e Miguel Blanco) foi o encargado de atender ao alumnado e os profesores acompañantes.
Deixamos unhas imaxes da visita dos grupos de 1º ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario