O alumnado de 1º de ESO está a descubrir nestas semanas Atranco no banco, unha obra divertida, sorprendente e con moito humor e enxeño de Manuel Núñez Singala. A través dunha situación aparentemente sinxela —un "atranco" nun banco—, o autor fainos reflexionar sobre a comunicación, a tolerancia e o uso da lingua dun xeito moi próximo e entretido.
Para completar esta experiencia lectora, o 11 de novembro recibimos a visita do autor no noso centro, quen falou co alumnado sobre a obra, respondeu ás súas preguntas e compartiron curiosidades sobre a súa escrita. Un encontro que, sen dúbida, axudou a enriquecer a lectura e a espertar o interese pola literatura galega.
Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato tamén tivo a oportunidade de conversar con Núñez Singala, nesta ocasión arredor do seu ensaio En galego, por que non?, un texto que analiza os prexuízos lingüísticos e nos invita a reflexionar sobre a nosa actitude fronte ao uso da lingua galega.
Un día cheo de palabras, ideas e encontros inspiradores coa literatura e coa lingua!
https://www.instagram.com/p/DQ_isYTDDEb/

No hay comentarios:
Publicar un comentario