O próximo 7 de febreiro celébrase o segundo centenario do nacemento de Charles Dickens, un dos autores máis importantes da Literatura Universal.
Este narrador británico pertencente ao Realismo Social viviu durante a época Victoriana, no momento en que o Imperio Británico, en plena Revolución Industrial, acadaba o seu máximo esplendor territorial.
Neste tempo de grandes contrastes, Charles Dickens, sempre con humor e ironía, fixo unha certeira crítica social mediante a aguda descrición de xentes e lugares das capas máis altas e tamén das máis desfavorecidas da sociedade.
Canción de Nadal, Oliver Twist, Papeis póstumos do Club Pickwick e David Copperfield son algúns exemplos da súa mestría como escritor.
Na rede hai moitísimos materiais interesantes sobre Dickens, como por exemplo esta BIOGRAFÍA na páxina El Poder De La Palabra, este XOGO da BBC que se desenvolve no Londres dickensiano, esta ANIMACIÓN en inglés para estudantes, tamén da BBC, e moitííííísimas cousas máis.
Aquí podes ver os LIBROS que temos de Charles Dickens na nosa Biblioteca Viva, por se os queres levar en préstamo.
Aquí podes ver os LIBROS que temos de Charles Dickens na nosa Biblioteca Viva, por se os queres levar en préstamo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario