Para celebrar os 70 anos deste neno que non deixa se selo, a Biblioteca Viva gravou unha lectura continuada (dúas horas ou así) do Principiño, por parte de alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO. A gravación proxectouse de xeito continuo durante toda a mañá no recibidor do instituto, para commemorar tamén o Día do Libro, 23 de abril, formando parte das actuacións que levamos a cabo.
Os lectores e lectoras foron: Andrea Lago Trillo, Samuel Soneira Romero, Sandra Sixto Bau, María Santalla Martínez, Kevin Domínguez Trillo e Brais Domínguez Santos de 2º de ESO; Paula Grille Atán, Samanta Túñez Keienburg e Pedro Vázques Santos de 3º de ESO.
O Principiño é a máis famosa obra do francés Antoine de Saint-Exupéry (1900-1944).

No hay comentarios:
Publicar un comentario