
Hoxe foi o noso día do Samaín. Todas as clases, que son bastantes, viñeron á biblioteca a escoitar contos de terror e a ver curtametraxes de medo. Manuel Iglesias Martínez, Érica Domínguez Pais, José Ángel Carballo González, Paula Insua Domínguez, María Santalla Martínez, Leticia Pose Bardullas, Paula Grille Atán, Samanta Túñez Keienburg, Mary Trillo Grille, Tatiana Louzán Morgade, Ayda Boullosa Lado e Laura Rivadulla Costa leron contos de autores galegos ou non (ver lista).

Tamén as gañadoras do concurso de relatos leron as súas obras ante os seus compañeiros; foron estas:
"La llamada de la muerte"
de Elisa del P. Pradales Martínez (premio 1º e 2º ESO), "Bicos dun morto" de
Samanta Túñez Keienburg (premio 3 e 4 ESO) e "Na
rúa" de Cristina Beatriz Rodríguez Costas (premio 1º e 2º Bach.)
As curtas que seguiron foron:
"Sobre a morte do Bieito" de Judith Casas
"¿Juegas conmigo?" de Eduardo López Rodríguez
"La leyenda del
espantapájaros" de Javier Escajedo
Na biblioteca celebrábanse dous sepelios, un dun morto adulto non identificado e outro dun pobre bebé atacado polo auténtico Alien "en persoa", segundo aseguraron os testigos.

Á cerimonia asistiron unhas 80 ou 90 cabazas talladas, que participaron nun concurso que gañaron:
"Made na Horta" de Alicia Sambade Mata.
"Cabaza caníbal" de (fáltanos o dato, por agora).
"Araña asasina" de Lucía Oca Vázquez.
"Araña asasina" de Lucía Oca Vázquez.
Non houbo infartos, pero berrooooooooos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario