Aproveitando a idea de Equipaxe de man de celebrar O Día das Letras Galegas 2015 compartindo con eles unha foto dun libro en galego nas redes sociais, Biblioraíces convoca un concurso de fotografías reais que teñan como protagonista principal un libro en galego.
Enviade as vosas fotos ó correo electrónico agraderaices@gmail.com ou a inforfb@gmail.com e serán colgadas no tabolerio da biblioteca e proxectaranse ademais na televisión da entrada.
A autora ou autor da mellor foto elixida polo equipo da biblioteca será agasallado cun dos libros das fotos, se pode ser, co mesmo que estea na foto gañadora.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
Veu visitarme o mar, Rosa Aneiros.
Lugar: Praia de Estorde, Cee.
No hay comentarios:
Publicar un comentario