"FRANKESTEIN E OUTROS MONSTRUOS
SINGULARES"
1. Poderán
entregar as súas obras na Biblioteca ou ao profesorado encargado ata o venres
11 de novembro todos os alumnos e alumnas do IES “Agra de Raíces” de Cee.
2. Os
relatos presentados serán orixinais. Dado que este ano conmemoramos o
bicentenario da creación de Frankestein, a
temática este ano deberá centrarse en FRANKESTEIN E OUTROS MONSTRUOS SINGULARES,
estarán escritos en galego ou castelán e terán unha extensión máxima de 500
palabras.
3. As
obras presentadas a este concurso deberán ter un título e deberá figurar nelas
o nome, apelidos e curso do autor ou autora.
4. Establécense
tres premios, un para o Primeiro Ciclo da ESO, outro para o Segundo Ciclo da
ESO e outro para Bacharelato e o Ciclo Formativo, consistentes, cada un deles,
nun bono de 20 € en libros.
5. O
xurado estará composto polas profesores Montse Vila, Miguel Blanco e Esperanza
Vilela.
6. O
xurado poderá declarar deserto algún premio ou todos eles, así como conceder
libremente un ou máis accésit.
7. A
decisión do xurado faráse pública o martes 22 de novembro ás 12:10 horas na
televisión da entrada do centro. Os premios entregaranse o martes 29 de
novembro as 12:05 na biblioteca .
8. As
obras gañadoras poderán ser publicadas na páxina web do centro e no blog da
biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario