27/10/19

Concurso de relatos de terror

Como xa vén sendo costume nestas datas, a nosa biblioteca convoca polo Samaín o seu tradicional concurso de relatos de terror. Poderá participar todo o alumnado do IES Agra de Raíces, facendo chegar á biblioteca o seu texto arredor da temática da noitebra galega nun máximo de 500 palabras. O prazo de entrega remata o 13 de novembro e o xurado, composto por Miguel Blanco, Irene Durán, Montse Vila e Ana Porteiro, dará a coñecer o nome dos gañadores (un por cada ciclo) o vindeiro 21 de novembro. Non deixedes de participar! O día 27 terá lugar a entrega oficial dos premios aos gañadores. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario