10/11/19

O Club da Ciencia e a impresora 3D no Mes da Ciencia

Os integrantes do Club da Ciencia do IES Agra de Raíces quixeron compartir coa Biblioteca do noso centro algún dos proxectos nos que están a traballar actualmente. Para conmemorar o Mes da Ciencia, emprestáronnos de maneira temporal a impresora 3D coa que deseñan e realizan os seus proxectos de innovación. Ao longo dos próximos días, estará en funcionamento durante os dous recreos para que os/as nosos/as visitantes poidan coñecer de primeira man o seu manexo. Non perdades a ocasión de comprobar in situ as súas propiedades e ver o que é quen de facer.


Ademais, os membros do grupo (Enrique Insua, Laura Lago, Alejandro Leis, Manuel Louro, Denís Pazos e Lucía Suárez, de 1º de Bacharelato) achegáronse  á Biblioteca para explicarnos a extraordinaria utilidade da impresora e falarnos dos seus avances no Club. Queremos agradecerlles a todos/as eles/as a súa xentileza e xenerosidade coa nosa Biblioteca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario