Un curso máis conmemoramos esta data do 25 de novembro, sen dúbida unha das máis significativas do ano coa esperanza de que, có esforzo de tod@s e tendo como máxima prioritaria a "tolerancia cero", poidamos mellorar a situación e culminar o máis asiña posible un percorrido que, por medio da educación, a tolerancia e a inclusividade no máis amplo dos sensos, ten que ter coma meta a erradicación absoluta desta lacra que tanto nos entristece e, por outra banda, tanto nos importa á toda a comunidade educativa.
O Equipo da Biblioteca do IES Agra de Raíces preparou dúas presentacións orixinais de carácter compilatorio para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A primeira delas ofrece unha coidada selección de variadas pezas e estilos musicais arredor da temática da igualdade entre homes e mulleres e da loita contra a discriminacións, os abusos e o maltrato.
A segunda reúne algúns cortes cinematográficos dos films máis representativos dos últimos anos que alzaron a súa voz contra a violencia de xénero e o trato irrespectuoso cara os demais.
Non deixedes de acceder e desfrutar de ambas presentacións, pois aportan unha visión panorámica, artística e absolutamente realista desta lacra social cuxa erradicación compete a todos os ámbitos da sociedade e onde o mundo do espectáculo colabora activamente a través da visualización das súas consecuencias.
Non queremos deixar de compartir tamén o magnífico traballo que están a realizar nosos compañeir@s do Clube de Letras e outr@s docentes do centro xerando materiais didácticos de gran calidade, e aos que agradecemos enormemente a súa labor en nome de toda a comunidade educativa.
Na páxina do Club de Letras do IES Agra de Raíces para o curso 2020/2021, podedes atopar:
Podedes visionar a campaña O machismo é pandemia do Colectivo XA (Xuventude Alerta), formado por alumnos de 1º Bacharelato que cursan Coeducación para o século XXI. Podedes seguir os seus pasos nas súas redes sociais Twitter e Instagram.
O departamento de Orientación pon a disposición de toda a comunidade materiais para tratar a temática no seu curso da Aula Virtual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario