No primeiro trimestre do curso, @s alumn@s do club de lectura de 1° de Bacharelato fixéronse colegas de Haulden Caufield. Ao principio a relación foi boa, caéronse ben, pero a cousa foi cambiando a medida que tiñan lugar as nosas reunións dos mércores no segundo recreo.
Pero... Por que sucedeu isto? Por que a amizade non chegou a bo porto? Poderemos descubrilo?
Aquí temos a
primeira das actividades sobre o libro, preparada por Mateo e Lois. Unha
pequena presentación sobre a vida e obra do autor de "O vixía no
centeo".
E nunha segunda presentación, Celia e Maite alumnas de 1º de Bacharelato, investigaron ben a fondo o tipo de lecturas que lle gustan a Haulden. Obras coma "O regreso do nativo" de Thomas Hardy ou o "David Copperfield" de Dickens son algunhas delas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario