22/3/21

8 MARZO: SEGUIMOS NA LOITA POLA IGUALDADE REAL

 Un curso máis, dende Biblioraíces conmemoramos esta data tan significativa có obxectivo de seguir na loita pola igualdade real entre mulleres e o homes, de seguir  concienciando dende o ámbito educativo as novas xeracións de alumnas e alumnos que, serán en definitiva, os que nun futuro non lonxano, teñan que finalizar esta labor cas súas propias experiencias e a súa forma de ser e estar neste mundo, agardando que a igualdade real non sexa un sono, se non unha realidade.

Nesta ocasión propoñemos uns cantos títulos da nosa bibliteca sdo moitos que temos e que podedes consultar no catálogo online.  Manuais de feminismo, recopilacións de mulleres relevantes nos diferentes ámbitos, novelas que denuncian o machismo e a violencia de xénero ou unha escolma de mulleres músicas da nosa terra, constitúen unha pequena mostra dos fondos da nosa biblioteca que, necesariamente, estanse a tornar cada vez máis incluivos e reflictindo permanentemente o cambio cara a igualdade que tod@s desexamos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario