Desde Biblioraíces, e en colaboración có ENDL e os departamentos de Música e Xeografía e Historia, levamos a cabo diversas iniciativas para conmemorar o Día da Paz 2022, facendo partícipe de xeito activo ao alumnado de diferentes nivéis.
Para comezar, a alumna de 3º ESO C Andrea Rey fixo un logo especial para este día.
Nos grupos de Obradoiro de Música de 1º ESO adicóuse unha sesión de clase a falar desta data así como á búsqueda de información sobre algúns xéneros musicáis, artistas e cancións que trataron ou tratan esta temática.
Nos grupos de 2º ESO adicáronse 3 sesións na materia de música á elaboración de muráis en grupo sobre cancións antigas e modernas que recollen esta temática así como as orixes da canción protesta, o movimiento hippie en relación có o pacifismo e a música, etc.
En 3º ESO, adicáronse 2 sesións da materia de Xeografía e Historia á elaboración de muráis en grupo sobre os conflictos bélicos que se están a desenvolver na actualidade e moitas veces carecen de repercusión nos medios por falta de intereses económicos o estratéxicos nos mesmos.
Tamén, en 4º ESO, programóuse por parte de Xeografía e Historia a elaboración duns muráis formato A4 lembrando ao principais persoeiros históricos relacionados con esta data e os premios nobel da paz.
Por último, na biblioteca fixemos unha escolma dalgunhas das películas máis salientables neste senso, expoñendo as mesmas nas sala principal da biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario