8/3/22

23-F Día de Rosalía

 Chegamos una curso máis a esta data tan significativa para a nosa cultura.  Levamos días anticipándonos con algunhas iniciativas xa clásicas do centro, como a conmemoración do Día de San Valentin có reparto das cartas de amor, amizade e/ou agradecemento mediante tarxetas específicamente preparadas cun selo de Rosalía de Castro. As voluntarias da biblioteca así como o curso de 3º ESO A, axudaron ao recorte das tarxetas, o pegado dos selos así como a súa clasificación e reparto entre os destinatarios nas última sesión da mañá do día 14, sendo a iniciativa todo un éxito.

Xa, o días 23 e 24, nalgunhos cursos da ESO, na hora de titoría, fixeron unha actividade kahoot confeccionada polo ENDL do centro en colaboración coa biblioteca. As preguntas foron preparadas en gran parte polo alumnado de 1º da ESO durante a semana previa á celebración coa colaboración do seu profesor de Lingua Galega Manuel Maneiro. O Enlace a actividade é o seguinte:

https://play.kahoot.it/v2/lobby?quizId=d064d31c-a865-4186-87c4-bb09bdaa74b4

Asímesmo, no corredor da Biblioteca montamos os panéis da Exposición "Rosalía en Múxia" así como tamén unha pequena mostra da obra literaria de Rosalía, complementada con algúns títulos relacionados coa súa figura.

Tamén coñecemos os gañadores do Concurso de Caligramas de Rosalía, que foron Lucía Canosa Traba, Marco Fernández Castro y Nuria Riveiro Romero, que de xeito conxunto fixeron un caligrama representando a faciana de Rosalia; e por outro lado, Martín García Alves, con outro caligrama sobre a obra poética da nosa autora. Todos eles, alumnos de 1º ESO B.  Ampliáronse as obras a formato A3 e expuxéronse no corredor da Biblioteca xunto có resto das iniciativas.  Os premiados serán agasallados o xoves 10 de marzo cuns vales para canxear nunha librería da zona e o correspondente diploma acreditativo.


                                        Exposición "Rosalía en Muxía" e caligramas ao fondo


Curruncho literario adicado a Rosalía de Castro

            
               Un dos caligramas gañadores, feito por Lucía Canosa, Marco Fernández e Nuria Riveiro, de 1º ESO B.







No hay comentarios:

Publicar un comentario