26/4/22

FELIZ DÍA DO LIBRO 2022

 Este sábado, día 23 de Abril, celebrouse o día do libro e Biblioraíces, en colaboración có club de lectura "Libros coma area" non podía deixar pasar esta data sen facer algo especial para conmemorala. Fai xa meses que comenzamos a preparar un vídeo para promover a lectura entre os máis pequenos e agora podedes ver o resultado.


Foi un traballo realizado con moita ilusión e agardamos que vos guste, tamén vos recomendamos ver o vídeo ata o final pois, como nunha película de superheroes, temos escena postcréditos.
Por último, queremos agradecer ao CEIP Eugenio López, ao CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría e ao CEIP do Pindo a súa colaboración na divulgación deste material.



No hay comentarios:

Publicar un comentario