Dí o noso refraneiro que " a partir da Candeloria ningunha ave voa soa". E así foi; no día do casamento dos paxariños, centos deles voaron polo nosoc entro cantando mensaxes de amor. Así, para festexalo por todo o alto, realizamos na biblioteca un recital de poesía no que ficamos abraidados pola calidade poética do noso alumnado nesta arte literaria; e decoramos a entrada do centro e o corredor da cafetería con dúceas de paxariños de papel realizados por alumnado voluntario de diferentes cursos.
E ademáis, comoesta festividade non só ten a súa pegada en Galicia, o alumnado de francés celebrou a Chandeleur preparando e comendo moreas de crepes
Imos deixando algunhas imaxes das actividades: Na parte superior a decoración e, despoís, a actividade da Chandelier dinamizada pola profesora de francés Arantxa Caamaño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario