Desde o Departamento de Lingua Francesa, nas últimas datas veñen desenvolvéndose unhas xornadas de lectura e divulgación dos fondos da biblioteca en francés. Para iso, o alumnado de 1º ESO está a recibir unhas clases na sala da Biblioteca donde seleccionan obras nesa lingua, realizan sesións de lectura comunitaria e comentan o vocabulario das mesmas. Grazas á profesora Mila Trillo por esta iniciativa que incide na dinamización da vida da nosa biblioteca. Aquí deixamos unhas imaxes de 2 sesións diferentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario