Desde o equipo da Biblioteca Concha Blanco sempre amosamos unha implicación especial na celebración dos actos conmemorativos do 25-N. Nesta ocasión, participamos en diferentes iniciativas de xeito moi transversal:
Proporcinamos, xunto có Departamento de Orientación, materiais a todo o profesorado para poder traballar o tema da violencia machista. Deste xeito, propúxose a proxección dunhas curtametraxes en tódalas aulas as 10:45h do día 24. Obras interpretadas por actores coñecidos a partir dun concurso de guións confeccionados por estudantes, seguindo o seguinte enlace:
En colaboración có Departamento de Música, propúxose en tódolos grupos de 2º, 3º e a optativa de 4º ESO, unha tarefa relacionada coa presentación prezi "Músicas para o 25-N" confeccionada polo dinamizador da biblioteca:
https://prezi.com/p/oaxekdo4axga/musicas-para-o-25-n/
Participamos tamén na coordinación da elaboración do manifesto do noso centro, realizado por alumnas/os voluntarios de 4º ESO e que se deu a coñecer tanto no acto conmemorativo no patio do centro as 11h como no acto convocado polo Concello de Cee as 12h na Plaza do 8 de marzo.
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesagraraices/node/1194
No hay comentarios:
Publicar un comentario