Entre as diversas iniciativas que plantexamos neste curso para conmemorar a Día da Paz desde a Biblioteca, destacamos a grabación dun podcast que recolle a lectura de poemas sobre a paz de autores nacionales e internacionales, neste caso, a cargo do alumnado de Oratoria de 4º ESO. Este podcast foi emitido no segundo recreo do día 30 de xaneiro e está a disposición pública no blog da biblioteca na sección Radio Agra Records:
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/BQ7gLX2xwTLb3FF?dir=undefined&openfile=6637994
Por outra banda, o alumnado de Proxecto Competencial de 2º e 3º ESO estiveron a elaborar uns muraís que están expostos na cristaleira da subida ao 1º andar do instituto. Moitos dos traballos foron feitos cunha estética inspirada nos grafittis de Bunsky e outros artistas gráficos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario