Busca na biblio!

6/12/11

Biblioraíces felicita a Rafa Vilar

O escritor ceense Rafa Vilar gañou o Premio Arume de Poesía para nenos e nenas co libro “Patente de corso (pequeno dicionario pirata)”
 En opinión do xurado, Patente de corso, composición poética con piratas bos, xoguetóns e atractivos para o público infantil. Non son corsarios violentos senón máis ben inxenuos, que mesmo esquecen cargar os canóns para librar así unhas batallas nas que ninguén se magoa. Estruturada en estrofas de 2 a 4 versos octosílabos, o autor logra imprimir un ritmo rápido e un estilo lixeiro, non por iso baleiro de contido, pois hai referencias ao galego Benito Soto, aos Camiños da Vida e mesmo á Internacional por resaltar algúns exemplos. Destaca tamén o seu léxico coidado que mestura termos tradicionais con termos piratas conseguindo un ambiente literario lúdico e apacible.
Noticia: Vía Axenda Cultural Galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario