2/12/11

Onte...

Onte celebrouse o Día Mundial da loita contra o Sida e dende a nosa biblioteca queremos facervos unha recomendación de lectura, Píldoras azules de Frederik Peeters.

Narra a historia de amor de Peeters con Cati, unha historia marcada pola SIDA, xa que Cati é seropositiva, como tamén o é o fillo desta que ten dunha relación anterior. Ao longo da historia asistimos a como ambos se namoran, pero sobretodo, a como evoluciona a súa historia a partir do momento que ela, consciente do cariz que está tomando a relación de ambos, cóntalle a Peeters a existencia da súa enfermidade e todo o abanico de sentimentos que irá desenvolvendo o autor/protagonista a partir deste descubrimento e como se desenvolve a relación de ambos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario