24/2/12

Rosalía, máis viva ca nunca

Este era o titular da noticia da Voz de Galicia de hoxe 24 de febreiro  onde se conmemora o 175 aniversario do nacemento da escritora.

Tamén se fai eco deste día o xornal Axenda Cultural Galega onde reflicte que a Asociación de escritores e escritoras en lingua galega invitan a conmemorar este día agasallando unha rosa ou un libro en galego, iniciativa seguida polo Concello de Muxía.
Vedes nesta entrada unha fermosa foto de Rosalía publicada no xornal dixital do Barbanza Certo e que conseguimos grazas á publicación dos compañeiros de Quepasanacosta, Diario Dixital da Costa da Morte.
Colocamos tamén un vídeo dun concerto de Amancio Prada cantando o coñecido poema Adeus Ríos Adeus Fontes.....do libro Cantares Gallegos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario