30/3/12

O TEATRO EXISTE

 
 O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro (proposto polo Instituto Internacional del Teatro), ocasión para a que a Biblioteca Viva ofrece os "Enigmas Teatrais", baseados nos fondos e carteis expostos no corredor de entrada, para que o alumnado, baixo a dirección dos titores e titoras, coñeza algo máis desta data e do teatro.
Por outra banda, dá ao alumnado a posibilidade de optar a entradas gratuítas a sesións teatrais no Concello de Cee (organismo que, como en anos pasados, nos agasalla coas mesmas, nunha iniciativa de divulgación cultural). O alumnado que queira participar, debe encher correctamente o Encrucillado Teatral (que este ano vai sobre o Teatro Clásico Grecolatino) e entregalo na biblioteca antes de que remate abril.

Velaquí o encrucillado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario