Busca na biblio!

10/4/12

XA TEMOS OBRA: MENCIÑEIROS


O Concello de Cee prométenos 10 entradas para Menciñeiros, obra na que Lucho Penabade adapta para a compañía Volta e Dálle textos orixinais da obra Escola de Menciñeiros de Álvaro Cunqueiro.


Se es alumno ou alumna do IES "Agra de Raíces" xa sabes que podes optar a elas enchendo o Encrucillado Teatral e entregándoo na biblioteca antes de que remante abril.

A representación de Menciñeiros será o próximo 12 de maio no Concello de Cee.

Participa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario