23/2/15

Biblioraíces é Rosalía!!!!

Seguindo a traxectoria dos anos anteriores Biblioraíces celebra o Día de Rosalía!!
Para iso,  o primeiro que fixemos, seguindo a idea da AELG, foi grabar uns vídeos na biblioteca e na aula de 1º ESO co lema Eu son Rosalía porque/para/cando/......que proxectaremos ó resto dos alumnos nunha actividade programada nunha sesión do día 24 na biblioteca do centro. Ademais dos vídeos na actividade programada faremos lectura de varios poemas da escritora e loitadora Rosalía e finalmente unha alumna de 1º ESO acompañada polo profesor de música interpretará a canción Negra Sombra.
Aquí está a mostra destes vídeos:



No hay comentarios:

Publicar un comentario