6/3/15

Día Internacional da Muller

Biblioraíces segue loitando pola igualdade cara a muller e este curso tivo a sorte de ter o venres 6 a moitas alumnas e alumnos atentísimos á actividade MULLERES PIONEIRAS organizada pola profesora Iolanda Rodríguez de Bioloxía en colaboración con outras profesoras e alumnas.
A actividade consistía en que cada dúas alumnas fixeran unha presentación dunha muller pioneira en Galicia nalgún eido, constrastada con unha muller actual que desenvolvese o mesmo traballo.
Deixámosvos aquí unha das presentacións que se proxectaron hoxe na biblioteca.



Ademais da actividade, Biblioraíces publica a 2ª edición dunha guía de obras escritas por mulleres.


No hay comentarios:

Publicar un comentario