23/2/16

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA



O día 24 de febreiro conmemoramos no centro o día de Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento.  Por iso preparamos unha pequena mostra  na entrada do instituto onde mostramos algunhas imaxes e informacións relacionadas coa súa vida e algúns dos seus títulos máis significativos, que  tamén  serviron como inspiración para outras artes coma a música.  É por isto que aproveitamos para complementar a exposición con partituras vocais de compositores cuxos textos foron extraídos dos versos de Rosalía: títulos como Negra Sombra, balada galega musicada por J. Montes, ¿Qué ten ó mozo? por P. Piñeiro, o a armonización de Adiós ríos, adiós fontes de A. Viró, son bos exemplos desta  proxección musical que tivo a literatura rosaliana.
Así mesmo, en colaboración cos departamentos de Lingua e Literatura, elaborouse unha enquisa preguntando aos alumnos dos cursos superiores  sobre o poema que, para eles, resultaba máis significativa da autora, saíndo elexido o poema Adiós rios, adiós fontes, pertencente a súa obra Cantares Gallegos publicada en 1863.

Adiós ríos, adiós fontes
Adiós ríos, adiós fontes
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde m’eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña d’o meu contento.
Muiño dos castañares,
noites craras do luar,
campaniñas timbradoiras
da igrexiña do lugar.
             (...)



No hay comentarios:

Publicar un comentario