8/3/16

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A Biblioteca do centro, en colaboración co Departamento de Música e Vicedirección, participou nos actos conmemorativos do Día da Muller Traballadora o 8 de marzo, nunha iniciativa que se enmarca dentro de tódalas actividades planificadas polo centro para esa xornada, na que tamén colaboraron o Departamento de Orientación, Dinamización Lingüistica, Titorías, etc. Pola nosa parte, plantexamos aos alumnos das optativas de Música de 4º ESO e 1º BACH a realización duns pequenos murais expositivos sobre as mulleres compositoras ao longo da Historia da Música, partindo da Idade Media e achegándose ata os nosos días. Móstrase neles unha faceta pouco o nada recoñecida polas diferentes sociedades en que lles tocou vivir, pero que tivo unha gran importancia. Lembremos por exemplo como, en 1625, a compositora Francesca Caccini (filla do coñecido Giulio Caccini) estrenaba La liberazione di Ruggiero, considerada a primeira ópera composta por unha muller, con tanto éxito que se convertíu tamén na primeira ópera italiana en interpretarse fora das fronteiras italianas, concretamente en Varsovia, en 1628. Rematamos esta reseña recordando as palabras doutra das grandes compositoras, neste caso a renacentista Madalena Casulana, que foi a primeira muller occidental en ter música impresa e publicada, e que expresaba o seu sentir desta forma: "Deseo mostrar al mundo, tanto como pueda en esta profesión musical, la errónea vanidad de que sólo los hombres poseen los dones del arte y el intelecto, y de que estos dones nunca son dados a las mujeres"





No hay comentarios:

Publicar un comentario