Busca na biblio!

26/10/21

DÍA DAS ESCRITORAS - 18 OUTUBRO

 Tal como fixemos xa no curso pasado, desde a Biblioteca adicamos unha bua parte dos nosos esforzos a facer maís visible a figura feminina nas súas diferentes facetas dentro da creación artística.  Neste caso, aproveitando a conmemoración do Día das Escritoras o pasado 18 de outubro, puxemos en marcha, en colaboración có Departamento de Música e o Proxecta 365 do centro, novas iniciativas que poden servir para das a coñecer o traballos de moitas creadoras (neste caso "escritoras de cancións") que pasan habitualmente desapercibidas ou directamente esquecidas nos libros de texto no caso da música clásica; ou ben non teñen a repercusión pública e mediática equiparable aos grupos masculinos no caso da música pop/rock.

Así pois, algúns alumn@s do Obradoiro de Música de 1º ESO están a realizar uns muráis en formato A2 sobre grupos musicais e solistas femininos e galegos, creadoras das súas propias cancións dentro dos diferentes xéneros da música pop. Moitos dos nomes, pese a contar con varios discos no mercado e ter incluso participado nalgunhas citas internacionais importantes, resultan descoñecidos para o gran público e incluso a nivel local, en Galiza, polo que queremos acercar o seu traballo a nosa comunidade educativa.

Por outra banda, o alumnado de 3º ESO ira facendo ao longo do curso uns murais, tamén en formato A2 e A1 sobre diferentes mulleres compositoras ao longo da historia da música e que tan pouco se mencionan nos materiais didácticos normalmente.  Neste primeiro trimestre centrarémonos na Idade Media e o Renacemento, destacando máis de vinte nomes de relixiosas, trovadoras, compositoras do mundo islámico, etc., que temos que rescatar do olvido e dar a coñecer entre todos.  Próximamente amosaremos os primeiros resultados, que serán expostos en público en diferentes zonas do centro.  Grazas ao alumnado pola sua colaboración na confección dos traballos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario