Nas últimas datas e en colaboración coas profesoras de Lingua Castelá, estamos a desnvolver unhas xornadas de formación e acercamento á biblioteca para o novo alumnado de 1º ESO, donde se lles explica o funcionamento da mesma, os fondos existentes, as posibilidades e recursos que teñen a súa disposición, etc. Estamos a poñer especial énfasis nas novas sección relacionadas coa igualdade de xénero, diversidade, inclusividade... así como na sección de banda deseñada que tamén estamos a enriquecer especialmente nos últimos cursos, para que o alumnado se acerque aos novos fondos dunha maneira motivante. Nestas horas tamén se lles manda facer algunha pequena prática de búsqueda de fondos para que ubiquen as diferentes seccións e espazos da biblioteca. Grazas ás profesoras Lara Trillo e Montse Vila pola súa labor nestas xornadas para os novos usuarios/as. Aquí temos algunhas imaxes das mesmas, concretamento có alumnado de 1º ESO C.
No hay comentarios:
Publicar un comentario