Como xa ven sendo tradición, e en colaboración có ENDL e o Club de Lectura, achegámonos ao Samaín coa nosa convocatoria do Concurso de Relatos de Terror que, nesta ocasión, convertímolo nun Concurso de Microrrelatos Arrepiantes, no que participaran de forma obrigatoria tódolos alumnos e alumnas da ESO nunhas datas e horarios acordados con varios profesores dos diferentes nivéis. Os relatos serán en galego e establecerase un gañador ou gañadora para cada un dos cursos. Non deixedes de preparar o voso relato con antelación para telo claro o día que vos toque facelo na clase. Aquí vos deixamos as bases da convocatoria. Moito ánimo e a dar moito arrepio!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario