Novamente nos atopamos preto doutro 25-N, data especialmente significativa pero non a única adicada por Biblioraices e o noso centro a loita contra a violencia de xénero, xa que vimos desenvolvendo unha labor continuada e transversal durante todo o curso escolar, durante moitos anos, nesta loita incesante á procura de solucións desde a nosa comunidade educativa. Neste curso, Biblioraices colaborará activamente, coma sempre, no acto conmemorativos, organizando unha pequena performance con alumnas e alumnos voluntarios de 1º ESO representando a loita contra a violencia "sen filtros".
Por outra banda, o alumnado de Obradoiro de Música de 1º ESO así como parte do alumnado de Música de 2º ESO, fará ao longo destes días uns murais sobre cancións que tratan esta temática, poñendo en valor a importancia e a utilidade da música nesta loita, así como o compromiso destes grupos e solistas que tanto poden axudar a lanzar mensaxes positivas e de compromiso con esta labor tan inxente.
Aproveitamos tamén para deixar os enlaces aos recursos propios "Músicas para o 25-N" e "Cine para o 25-N", unhas presentacións prezzi que podedes utilizar (profes e alumnos) se o considerades oportuno para as vosas clases e tarefas.
https://prezi.com/p/oaxekdo4axga/musicas-para-o-25-n/
https://prezi.com/p/xj7xg3m5ulia/cine-contra-a-violencia-de-xenero-24-n/
Tamén vos recordamos que a colección sobre feminismo e igualdade está permanente crecemento e, en breve, comentarémosvos as últimas novedades da mesma. Graciñas a tod@s!
25-N SEN FILTROS CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
No hay comentarios:
Publicar un comentario