30/11/21

GAÑADOR@S DO CONCURSO DE MICRORRELATOS ARREPIANTES DO SAMAÍN

 Co motivo da festa do Samaín celebrouse, no IES Agra de Raíces, un concurso, protagonizado polo alumnado da ESO, no que as rapaces e rapazas conseguiron facernos tremer de medo. Cunha participación moi alta, máis de cen relatos de medo, o xurado tivo unha difícil labor á hora de decidir os gañadores. Os equipos de Dinamización Lingúística, Biblioteca e do Club de lectura elixiron dous gañadores por nivel da ESO, os cales recibiron un vale para un almorzo na cafetería do centro e outro canxeable en librerías da contorna.

O martes, día 23 realizouse a entrega de premios como podemos ver na seguinte fotografía.

                              

As alumnas premiadas foron:

 Xana Corbelle Ínsua con "Ver e non sentir" e Velia Dayana Ramos Tercero con "Os bonecos malditos" en 1º da ESO.

                                 

Uxía Felpete Romero con " Chamábame deus" e Carla Piñeiro Piñeiro con "Vivos ou mortos?" en 2º da ESO.

                        

Helena Roget Souto con "O corpo" e Claudia Costa Casais con "Un monstro no meu armario" en 3º da ESO.

        


Marina Calo Bujeiro con "A Intervención" e Lúa Iglesias Pérez con "Por segunda vez" en 4º da ESO.

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario