Un curso máis, a Biblioteca e o Club de Lectura, en colaboración con Vicedirección formou parte activa nos actos conmemorativos do 25-N do noso centro, axudando na organización do evento coa preparación dunha performance por parte dun numeros grupo de rapaces e rapaces de 1º ESO, entre os que se incluían os voluntarios da biblioteca.
Para o acto, ademáis de buscar unhas lectoras voluntarias para o manifesto contra a violencia de xénero deste curso (Claudia Costas e Nicole Carballo de 3º ESO A) , seleccionamos uns poemas da obra Transmatria de Daniel Asorey, de cuya lectura encargáronse unhas alumnas de 1º BACH C (Lucía Vázquez y Luz Oliva Marcote) e, para rematar, 20 alumnos e alumnas de 1º ESO representaron unha performance donde, nunhas pancartas e con pintura de mans, escenificaban a loita entre a violencia de xénero e tódolos valores e actitudes encamiñados a vencela definitivamente.
Para a ocasión, tamén se fixo unha pequena exposición no curruncho da Biblioteca ubicado na entrada do centro con algún dos numerosos materiais dos que dispoñemos non nosos andéis relacionados con esta temática; tamén salientar que, moitos alumnos de Música de 2º ESO e de Obradoiro de Música de 1º ESO, en coordinación con Biblioteca, fixeron uns magníficos muráis sobre diferentes cancións relacionadas coa violencia de xénero, e que algúns deles están expostos no taboleiro da biblioteca, no mesmo espazo, ao carón da exposición.
Tamén, como lembrábamos nun post anterior, puxéronse a disposición dos membros da comunidade educativa dúas presentacións prezzi sobre o cine e a música relacionadas coa violencia de xénero.
O acto fíxose en dúas quendas para cumplir cás medidas anti COVID antes do 1º e do 2º recreo do día 25 de novembro. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da primeira das quendas, que se levou a cabo no pabillón deportivo por mor do mal tempo, e unhas fotos da exposición e os muráis no curruncho da biblioteca na entrada do centro. Grazas a tod@s os que colaborástedes con nos en todas estas iniciacitivas. Xunt@s venceremos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario