Unha guía de lectura en formato padlet elaborada polo equipo de Biblioraces e o Plan Proxecta "Por 365 de respecto e igualdade" do noso centro coas novidades en Feminismo e Igualdade. Unha colección cada vez máis ampla e diversa na que se incluen desde manuais clásicos sobre o movemento feminista, guías orientativas e pedagóxicas e tamén lecturas máis recreativas que, por medio do humor e a ironía, ofrecen unha visión da realidade diferente, fresca, actual; na que os nosos alumnos e alumnas poden verse reflictidos de forma máis directa e dunha forma amena.
Á volta das vacacións de Nadal seguiremos incorporando novos títulos a esta sección fundamental e cada vez máis extensa da nosa biblioteca. Boas festas a tod@s!
https://padlet.com/miguelbp2006/9wbh6eo9pv6uicol
No hay comentarios:
Publicar un comentario