11/1/22

NOVIDADES ADAPTADAS AO PROTOCOLO DE LECTURA FACIL

 A lectura supón un imprescindible exercicio de crecemento persoal para o noso alumnado. Por iso, é preciso achegala a todos os niveis educativos. A transmisión das accións, os valores fundamentais dunha sociedade democrática e as ensinanzas que desexamos transmitir aos estudantes han de adaptarse aos diferentes graos de maduración destes e ás necesidades educativas especiais que se poidan presentar no proceso de ensino-aprendizaxe. De aí que o equipo da Biblioteca do IES Agra de Raíces, xunto co Proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade”, realicen esta escolma de obras de lectura fácil, que combinan a presentación asequible dos contidos coa traslación de valores como a amizade, a loita pola vida, o esforzo personal, a cooperación e a importancia da autoestima.

https://padlet.com/365diasigualdadeagraderaices/t6wqgfolewybq8oa



No hay comentarios:

Publicar un comentario