Para esta data tan especial, Biblioraíces levóu a cabo diversas iniciativas en colaboración có ENDL, diferentes departamentos e o Proxecta 365 do centro, que está a colaborar con nós en tódas estas tarefas.
Para comezar, e seguindo ca homenaxe as mulleres escritoras de cancións, os alumnos/as de música de 3º ESO confeccionaron os muráis correspondentes as compositoras do Barroco e o Clasicismo, algúns dos cales foron expostos no curruncho da biblioteca á entrada do centro. Para a mesma ubicación, fixemos unha escolma dalgúns dos fondos máis representativos desta data, conformando unha pequena exposición baixo os muráis.
En colaboración coa profesora de Língua Castelá Lara Trillo, os alumnos/as confeccionaron uns cartéis sobre mulleres escritoras que firmaban con pseudónimo; asi mesmo, o alumnado de Coeducación preparou unha presentación dixital sobre mulleres especialmente relevantes no ámbito feminista titulada "A primeira pegada do feminismo en España". Aquí tendes o enlace:
https://drive.google.com/file/d/1oQcQ-2cRHR5bESliVT3pRxAXxMO5Or4z/view?usp=sharing
No hay comentarios:
Publicar un comentario