Como xa comentabamos fai uns días, unha das iniciativas que imos desenvolvendo ao longo do curso en colaboración có Departamento de Música e o Proxecta 365 e a realización de traballos sobre mulleres compositoras ao longo da historia por parte do alumnado de 3º ESO. As últimas realizacións coincidiron coa celebración do 8-M e formaron parte da exposición que a Biblioteca preparou na entrada do centro. Nesta entrada podedes ver máis en detalle algunha das tarefas máis salientables, no noso afán cara a maior visibilización destas artistas moitas veces esquecidas nos libros de consulta e tamén nos de texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario