Desde o pasado 28 de outubro a ata o 18 de novembro, temos a oportunidade de disfrutar da exposición itinerante "As antas da Costa da Morte", por xentileza da asociación SEMESCOM:
O Seminario de Estudos Comarcais para a promoción do patrimonio cultural da Costa da Morte é unha asociación cultural de ámbito provincial, sen ánimo de lucro, constituída en Vimianzo o 24 de setembro de 2004 co fin de estudar, difundir, promover e dinamizar a cultura galega, con especial énfase na arte, antropoloxía, historia, economía, lingua, literatura, socioloxía e xeografía das comarcas que conforman a chamada Costa da Morte: Bergantiños, Terra de Soneira, Comarca de Fisterra, Xallas e Comarca de Muros.
Esta exposición, ubicada no corredor da biblioteca, pode ser visitado por tódolos membros da comunidade educativa que o desexen e está a ser a base dalgunhas actividades programadas polo departamento de Xeografía e Historia nos curso de 1º ESO e 2º de BACH, xa que neste primeiro trimestre están a tratar precisamente o tema do megalitismo nalgunhas das materias. Nos, complementamos a exposición cun último panel/mural realizado polos alumnos/as da materia Patrimonía Histórico e Artístico de Galicia sobre a Ruta do Dolmens da Costa da Morte que podedes ver ao final desta entrada. Aquí tendes algunhas imaxes:
Moitas grazas a SEMESCON polo seu traballo:





No hay comentarios:
Publicar un comentario