7/12/22

25-N NO AGRA DE RAÍCES

 Novamente, nesta data tan sinalada, non podíamos faltar a nosa cita como colaboradores nos actos conmemorativos do 25-N do noso centro.  En activa colaboración cós membros do programa Inclúe e o ENDL e os nosos voluntarios/as de biblioteca, participamos activamente nunha xornada moi especial. 

Pola nosa banda, impulsamos a elaboración dunha nova pancarta para a entrada do centro que mostrase unha mensaxe máis inclusiva e xenérica e con unha estética totalmente diferente á anterior.  A nosa compañeria do departamento de Debuxo Laura Velasco fixo un diseño espectacular como se pode ver nas imaxes inferiores.  A pancarta foi desplegada polas voluntarias da biblioteca (alumnas de 1º ESO).

A xornada comezou coa lectura duns poemas polas diferentes clases da ESO dunhas voluntarias de 3º e 4º. Tanto elas como as voluntarias da biblioteca de 1º ESO, foron previamente maquilladas para a ocasión polo alumno Artai Trillo, que fixo un traballo excelente.  Posteriormente, no acto institucional que tivo lugar na entrada do centro as 11:35, fíxose a lectura de dous manifestos elaborados por as alumnas de 4ºESO e 1º BACH e algunhas poesías;  depóis, as alumnas voluntarias de 1º ESO fixeron unha sinxela dramatización representado algunhas das vítimas deste ano para posteriormente desplegar a pancarta que comentábamos.

Ademáis, durante a semana previa, o alumnado de 2º ESO A estivo a traballar nuns muráis sobre cancións relacionadas coa violencia machista que expuxemos nas cristaleira das escaleiras que suben ao primeiro andar, e có ENDL, colaboramos nun gran mural de frases, mensaxes, reflexións... escritos en pósits e que se amosan nos taboleiros ubicados na entrada do centro.

Aquí deixamo algunhas das imaxes do día:


Alumnas voluntarias de 3º ESO encargadas da lectura dos poemas polas diferentes clases.


Alumnas voluntarias de 4º ESO encargadas da lectura dos poemas polas diferentes clases.


Muráis sobre cancións para o 25-N realizados polo alumnado de 2º ESO A.


Mural de pósits impulsado polo ENDL


Detalle


Desplegue da pancarta por parte das voluntarias da Biblioteca de 1º ESO


Pancarta diseñada por Laura Velasco e que, desde fai unha semana,
dá a benvida aos visitantes do noso centro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario