31/1/23

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

 Como case tódolos cursos, o 30 de xaneiro e unha data significativo dentro do noso calendario e, máis áun, este ano dadas as circunstancias xeopolíticas que estamos a vivir.  Conmemoramos o día da Paz desde Biblioraíces cunha serie de traballos por parte do alumnado dos diferentes cursos da ESO.  Abaixo tendes un par de imaxes dos traballos plásticos feitos polo alumnado de 1º ESO da materia Proxecto Competencial coordinados pola biblioteca.  A meirande parte están inspirados ou copiados de coñecidos graffitis que tratan o tema da paz, a tolerancia o respecto e a convivencia entre todos.  Están expostos na cristaleira da súbida ao primeiro andar.

A continuación, tamén tendes os enlaces a dúas presentacións dixitais que se fixeron para esta data, neste caso por parte das alumnas de 1º ESO e  3º ESO do Proxecto Competencial, para visibilizar algúns dos conflitos bélicos na actualidade e a presenza neles dalgunhas das ONG´s máis importantes:

https://drive.google.com/file/d/1lTiauoS2aP9L31leLYMkuI4RPYIKkeEn/view?usp=share_link

https://drive.google.com/file/d/1GG-F5XR4ifCfiMaWX30J3k2d1BCm1yLI/view?usp=share_link



Tamén, en colaboración con ENDL do centro, o alumnado de 4º ESO realizóu nos taboleiros da entrada do centro sendos murais especiais para a ocasión: nun deles, prepararon mensaxes de paz en forma de corazón; no outro, especialmente orixinal, cunhas representacións de virus que atantan contra a paz e convivencia e a súas correspondentes curas. Aquí tendes as imaxes:




No hay comentarios:

Publicar un comentario