Nesta ocasión, a Biblioteca Concha Blanco en coordinación có Departamento de Lingua Inglesa, acolleu dúas charlas, nas sesións 4º e 6º do xoves 4 de decembro, sobre cultura anglosaxona a cargo da editorial Burlington. O alumnado de 4º ESO e 1º BACH poido desfrutar dunhas entretidas sesións falando sobre diversas cuestións das tradicións, monumentos, gastronomía, fauna, festas, etc, dos diferentes paises da fala inglesa. Moitas grazas a Johny polas explicacións e pola simpatía e cercanía que amosou có alumnado e o profesorado asistente.
Blog da biblioteca do IES "Agra de Raíces" de Cee (A Coruña) BIBLIOTECA VIVA
4/12/25
28/11/25
PROGRAMACIÓN ESPECIAL RADIO AGRA, DECEMBRO 2025
Emisións durante o segundo recreo nas seguintes datas:
-Lúns, 1 de decembro: Saude mental. Introdución e contexto xeral.
-Martes, 2 de decembro: Saude mental na adolescencia. Inclue entrevista á orientadora.
-Mércores, 3 de decembro: Saude mental. Ansiedade e depresión.
-Xoves, 4 de decembro: Saude mental. Esquizofrenia e estrés postraumático.
-Venres, 5 de decembro: Saude mental. Fobias e trastorno bipolar.
-Martes, 9 de decembro: Saude mental. Trastornos da conducta alimentaria e límite de persoalidade.
-Mércores, 10 de decembro: Saude mental. Trastorno de persoalidade múltiple y TDAH.
-Xoves, 11 de decembro: Épocas e culturas I.
-Venres, 12 de decembro: Programa de varidedades. Inclue o buzón de suxestión e "cotilleos"
-Lúns, 15 de decembro: Viaxe pola historia. Gastronomía.
-Martes, 16 de decembro: Épocas e culturas II.
-Mércores, 17 de decembro: Viaxe pola historia. Grandes exploradores.
-Xoves, 18 de decembro: Programa de Variedades. Inclue entrevista aos alumnos de 3º PDC.
-Venres, 19 de decembro: Especial Nadal 2025.
Estes programas poderán escoitarse nos altofalantes da pantalla do hall de entrada ao centro a partir das 12:06 P.M.
E polas tardes, tódolos días, reemisión do especial 25N 2025 e de contidos destacados do curso anterior:
-Emisión do 25N 2024, Día da paz 2025, Letras Galegas 2025, Añoranzas educativas (coa entrevista a D. Pedro e D. Marisa), podscast variados, etc.
-Tamén a reemisión dos programas dos recreos.
Os contidos máis destacadas estarán tamén á vosa disposición (en breve) no blog da biblioteca para que os poidades descargar e escoitar cando desexedes. (Os especiais 25N 2025 e 2024 xa os tendes nunha entrada anterior).
Enlace RADIO AGRA:
http://stream.zeno.fm/rccokehzfptuv
Logo finalista de Radio Agra (Alberto Atán, 2023)
26/11/25
ESPECIAL 25-N: PRESENTACIÓN DE "A VOZ SILENCIADA" Y PARTICIPACIÓN NO ACTO DO CONCELLO
O pasdo día 25N tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza de escritora Guadalupe Vázquez Formoso, que nos presentou a novela sobre violencia de xénero " A voz silenciada" ante o alumnado de 1º de Bacharelato. Ademáis de reflexionar sobre a violencia machista e expoñer as liñas principais da sua obra, tivo o gran detalle de "sortear" coa simpatía que a caracteriza catro exemplares da obra entre os alumn@s. Grazas Lupe pola presentación e polo teu compromiso coa educación e os problemas sociais que tanto nos afectan. Lembremos que o curso pasado xa nos presentou a novela xuvenil "Alicia no laberinto das sombras" sobre o acoso escolar.
24/11/25
ESPECIAL 25N: EMISIÓNS RADIO AGRA E VIDEOS DO ALUMNADO
Con motivo da conmemoración do 25N, comezamos coas emisións de radio neste novo curso:
A partir do primeiro e do segundo recreo, teremos o programa especial 25N así como a remisión do programa especial do 2024.
O enlace das emisión e o seguinte:
http://stream.zeno.fm/rccokehzfptuv
No obstante, deixamos enlace tamén aos arquivos no boxabalar, por se os queredes escoitar noutro momento:
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/bwemtLFpc7ETjzs Especial 25N 2025
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/oiCWeLzyLgTmTr7 Especial 25N 2024
Adxuntamos tamen enlace a uns arquivos de video cuns traballos feitos polo alumnado de 2º ESO para este día. Quedan a vosa disposición por se os queredes poñer nalgún momento.
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/3GT5pkzqcYpcFMw Video 25N 1
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/gReKw2NCbYq9b2L Vídeo 25N 2
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/DmGcS9Fj3PTX8KR Vídeo 25N 3
Aproveitamos tamén para informar que, durante a seguinte semana, apartir do día 1 de decembro iremos estreando durante os segundos recreos tódolos programas elaborados no presente curso, alguns deles de contidos variados feitos polo alumnado de 2º e 3º ESO, e unha serie completa de 7 programas sobre saude mental feita polo alumnado de oratoria de 4º ESO e de proxecto competencial de 2º ESO.
Grazas!
19/11/25
OUTONO LITERARIO II: GUADALUPE VÁZQUEZ FORMOSO
O próximo 25-N, con motivo da conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero, teremos a sorte de contar no noso centro coa escritora Guadalupe Vázquez Formoso que presentará para o alumnado de 1º de BACH a súa obra "A voz silenciada", unha obra sobre violencia machista que, sen dúbida, no deixará indiferente a ninguén.
"Chámome Felisa e, aínda que por fóra me vexas sorrindo e ata rir ás vesces -non en van me chamaban de nena "Felisa a felís", co seseo noso de Carnota-, a procesión vai por dentro.
Cal é a miña historia? É complexa, moito, e pregúntome, cada día, canto tempo poderei seguir aturando, pero pode resumirse en tres simples palabras:
Vivo cun monstro".
A voz silenciada nace como un intento de dar visibilidade ao maltrato doméstico e de sensibilizar á sociedade. A violencia de xénero é un problema de todos...
OUTONO LITERARIO I: NÚÑEZ SINGALA
O alumnado de 1º de ESO está a descubrir nestas semanas Atranco no banco, unha obra divertida, sorprendente e con moito humor e enxeño de Manuel Núñez Singala. A través dunha situación aparentemente sinxela —un "atranco" nun banco—, o autor fainos reflexionar sobre a comunicación, a tolerancia e o uso da lingua dun xeito moi próximo e entretido.
Para completar esta experiencia lectora, o 11 de novembro recibimos a visita do autor no noso centro, quen falou co alumnado sobre a obra, respondeu ás súas preguntas e compartiron curiosidades sobre a súa escrita. Un encontro que, sen dúbida, axudou a enriquecer a lectura e a espertar o interese pola literatura galega.
Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato tamén tivo a oportunidade de conversar con Núñez Singala, nesta ocasión arredor do seu ensaio En galego, por que non?, un texto que analiza os prexuízos lingüísticos e nos invita a reflexionar sobre a nosa actitude fronte ao uso da lingua galega.
Un día cheo de palabras, ideas e encontros inspiradores coa literatura e coa lingua!
https://www.instagram.com/p/DQ_isYTDDEb/
22/10/25
XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS
15/10/25
DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO
Con motivo da conmemoración o próximo 24 de outubro do Día das Bibliotecas, estamos a piques de rematar a montaxe da exposción "Album gráfico, ilustrado e banda deseñada" na que amosaremos na biblioteca algúns dos fondos más atractivos (visualmente hablando" dos que dispoñemos. Fixemos unha ampla escolma agrupada en diferentes temas (historia, ciencia, feminismo, música, fantasía, clásicos adaptados, banda deseñada en galego e castelá, moda) que, sen dúbida, será do agrado de tódos os "lectores de imaxes". Invitaremos a tódos os titores e titoras a que nos fagan unha visita có seu alumnado.
Aquí deixamos unhas imaxes para que vexades como nos está a quedar:
BASES DOS CONCURSOS SAMAÍN 2025: MICRORRELATOS ARREPIANTES, EPITAFIOS E PORTAS TERRORÍCAS
Un ano máis, os concursos do Samaín son parte esencial da nosa programación. O de microrrelatos arrepiantes en colaboración có departamento de Lingua Galega e o de portas terroríficas en colaboración có departamento de Inglés; así como e de epitafios, no que nin profes ni alumnos nos libramos dunha "divertida" morte segura. Animádevos a participar, os premios son fantásticos!
ESPECIAL SELECCIÓN SAMÁIN 2025
Achegámonos ao Samaín, e para que as brétemas, as meigas e os espíritus da escuridade non nos collan desprevidos, xa fixemos unha escolma de títulos verdaderamente arrepiantes por se resultan do voso interese. Están a vosa disposición na exposición á entrada da biblio. Non deixedes de votarlles unha ollada, pero con coidadiño, nunca se sabe...
DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS: 13 DE OUTUBRO
Como cada ano, o lúns máis próximo ao 15 de outubro conmemoramos o Día das Escritoras, tomando como referencia a data do falecemento de escritora mística Santa Teresa de Jesús. Nesta data tratamos de reivindicar o labor e o legado literarió das figuras literarias femininas tantas veces esquecidas ao longo da historia.
Por este motivo, fixemos unha escolma de textos que foron lídos nalgunhas clases dos grupos da eso por alumnodo voluntario da materia de Oratoria de 4º ESO.
Así mesmo, fixemos unha pequena escolma de obras escritas por autoras locais configurando unha pequena exposición na entrada da biblioteca. Elas son a escritora Concha Blanco (que da nome á nosa biblioteca), Guadalupe Vázquez, Junquera López, Ainhoa Conde e Marina Gómez e a ilustradora Laura Suárez. Parabéns a todas elas e feliz día a tod@s!
8/10/25
BENVID@S AO NOVO CURSO NA BIBLIOTECA CONCHA BLANCO
Hola a todas e todos! Xa estamos de volta, cunha morea de novidades literarias desde os primeiros días (xa estamos a preparar as guías correspondentes) e preparando unha programación periódica para Radio Agra espectacular. Neste mes comezaremos a grabar e a fináis de outubro teremos as primeiras emisións nos tempos de lecer. Estade atentos!!!
26/5/25
LETRAS GALEGAS 2025
Moitas foron as iniciativas levadas a cabo en relación có Día das Letras Galegas 2025.
Comezamos coa presentación literaria, o xoves 15 de maio, de "Alicia no labirinto das sombras", unha novela xuvenil de Guadalupe Vázquez Formoso sobre acoso escolar. Tivemos a sorte de contar coa autora nunha sesión para o alumnado de 2º ESO e que fixo unha maravillosa presentación, acompañada na parte final da orientadora do centro, Mariana, que abríu un pequeno debate entre tódolos asistentes:
12/5/25
5/5/25
DÍA DO LÍBRO 2025
Dende a Biblioteca Concha Blanco, vimos de conmemorar o 23-A, Día do Libro, cunha iniciativa que xa puxeramos en marcha no curso pasado, na que mixturamos a literatura, as artes plásticas e a música na mesma sesión, coa colaboración de alumnado voluntario e, especialmente, dos departamentos de Lingua Castelá e Música. Neste caso, no eido da Semana Cultural do centro, o día 23 de abril levamos a cabo 3 sesións ao longo da mañá, para 1º, 2º e 4º da ESO. Nelas, varios voluntarios leron fragmentos seleccionados de títulos moi diversos, nos que atopamos por exemplo O Quixote de Cervantes, Pienso luego silla de Gloria Fuertes o el Zorongo de Lorca. Paralelamente, outros voluntarios dispuxéronse a facer debuxos en tempo real, mentres a lectura era complementada cunha audición directamente relacionada coa temática do texto. No caso do Zorongo de García Lorca, procedeuse a unha interpretación musical do tema na voz de Uxía Santos acompañada á guitarra por Miguel Blanco nas dúas primeiras sesións, mentres que na última da mañá, fíxose un recitado do texto con música de fondo de inspiración flamenca a cargo da frauta traveseira de Estela Blanco.
Deixamos algunhas imaxes do acto e dos debuxos creados.
10/4/25
GUÍA DE LECTURA: NOVIDADES BANDA DESEÑADA, LITERATURA LOCAL, LITERATURA FANTÁSTICA...
A nosa compañeira Lara Trillo elaborou esta guía de lectura cunha escolma de novidades dos últimos meses. Xa a está a preparar outra coas últimas incorporacións. Seguro que vos interesa!!
Click na imaxe para acceder:
1/4/25
ENCONTROS PLAMBE 2025
O pasado 20 de marzo, o dinamizador da biblioteca Miguel Blanco asistíu unha vez máis aos Encontros PLAMBE 2025, donde tivo a oportunidade de intercambiar experiencias asistir ás ponencias de grandes especialistas en diversos temas. Este ano, prestamos especial atención a cuestións relativas aos fondos ilustrados e ao funcionamento da radio escolar. Adxuntamos algunhas imaxes.
8-M E OS PODCAST DO CONCURSO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
Para esta data tan especial, o equipo da Biblioteca estivo centrado na elaboración de 2 podscast que serán próximamente emitidos en Radio Agra e que foron presentados ao concurso de podcast de Bibliotecas de Galicia. Dous grupos de alumnas de 3º ESO e 2º BACH fixeron uns maravillosos traballos en relación con este día da muller e tamén vencellados ao vindeiro día das Letras Galegas 2025 adicado as cantareiras e a cultura popular.
"Voces de muller: unha viaxe no tempo" e "Como peta a pandeIreta" pretenden poñer en valor a figura da muller no mundo da cultura en xeral e da música en particular, así como a relación entre literatura e música en diferentes momentos históricos da cultura galega, ademáis da vixencia da música galega no mundo pop. Agardamos que vos gusten. Deixamos enlace aos podcast e unhas fotos do traballo no estudo de Radio Agra.
"VOCES DE MULLER: UNHA VIAXE NO TEMPO"Tamén destacar as presentacións dixitáis sobre mulleres compositoras do Barroco e o Clasicismo feitas polo alumnado de 3º ESO en coordinación coa materia de Música. Deixamos enlace a algunha das máis destacadas;
https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/3ZYLjtqABqtLJCQ
GAÑADORAS DO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS DE ROSALÍA
Xa temos gañadores do Concurso de Videopoemas Rosalía 2025. As afortunadas foron:
-Noa Atán no primeiro ciclo da ESO, con "Lúa descolorida".
-Lucía Canosa no segundo ciclo da ESO, con "Meniña, tí a máis hermosa".
-Antía Caamaño en Bacharelato., con "Dín que no falan as plantas".
Aquí deixamos os videos a algunha foto da entrega de premios.
Grazas a tódolos participantes e parabés as afortunadas!












.jpg)


























.jpg)
.jpg)






_page-0001.jpg)