Busca na biblio!

Mostrando entradas con la etiqueta fina casalderrey. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fina casalderrey. Mostrar todas las entradas

19/1/13

Fina Casalderrey académica da Real Academia Galega

De novo unha noticia que podemos relacionar coa da semana pasada, a coautora, xunto con Fran Castro, do libro O neno can, Fina Casalderrey, xa ten cadeira na Real Academia Galega, sendo a primeira escritora de Literatura Infantil e Xuvenil que accede á mesma. 



Parabéns dende Biblioraíces!!!!

Novas Relacionadas: A Voz de Galicia 18/01/2013
.................

11/1/13

O neno can

A principios de curso a profesora de Lingua Galega, Belén, recomendounos o libro O neno can de Fina Casalderrey e Fran Castro que agora tedes na biblioteca. É unha das obras que tíñamos pensado ler no Club de lectura Libros coma area no 2º trimestre e hoxe vemos que este libro é noticia nos xornais baixo o titular:

O libro galego «O neno can» entra no catálogo das mellores publicacións sobre o tratamento da discapacidade, Voz de Galicia, 11 de xaneiro do 2013.

Pasa pola biblio e leva o libro emprestado, lese nunha patadiña porque son pequenos contos, e é precioso. Protagonistas dos contos, un neno e un can!!!