Busca na biblio!

20/5/26

GAÑADORES DO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS DE ROSALÍA 2026

Temos o pracer de anunciar os gañadores desta nova edición do Concurso de Videopoemas de Rosalía 2026.

-1º Ciclo da ESO:  Fabio Lamela, de 2º B.

-2º Ciclo da ESO:  Ana Paz e Clara Vázquez, de 3º ESO A.

-BAHC: Velia Dayana Ramós de 1º Bach C e Xoán Iglesias, de 1º Bach B.

Destacar que, o traballo realizado por Velia Dayana Ramos Tercero, foi tamén seleccionado como finalista do Concurso de videopoemas de Rosalía e Manuel María Organizado pola Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei.

Parabéns aos gañadores e grazas as profesores e profesoras do departamento de Lingua Galega por axudarnos a dinamizar a actividade.

Podes ver os videopoemas gañadores facendo clic na seguinte imaxe:




17/5/26

PODCAST SOBRE SOSTIBILIDADE DO CICLO DE HIXIENE BUCODENTAL (8 EPISODIOS) BY RADIO AGRA RECORDS

 Sensacional o traballo da nosa compañeira Leticia e os seus alumnos con estes podcast sobre sostibilidade. Agora que nos achegamos ao 22 de Maio (Día Mundial da Diversidade Biolóxica) e ao 5 de xuño (Día Mundial do Medio Ambiente), estes traballos poden ser un bo recurso para aproveitar nalgunha clase, garda e mesmo en horas de titoría.

Uns traballos moi elaborados e moi ben editados.  Parabéns a Leticia e os seus alumnos.

Benvidos a Sorrisos con Raíces, un podcast elaborado polo alumnado de 1º curso do ciclo superior de Hixiene Bucodental que consta de 8 episodios. Neles podedes informarvos sobre cales son os principais retos ambientais e sociais aos que nos estamos a afrontar na actualidade, entrevistas á veciñanza, institucións e empresas de Cee, así como obter tips útiles para  contribuir a unha sociedade máis sostible e acolledora na que vivir. 

Agradecemos enormemente a todas as persoas e establecementos que contribuiron a poder facer deste proxecto de aula unha realidade. 

Dádelle moito cariño e, sobretodo, difundide a mensaxe xa que como ben di o refrán... Sostibilidade compartida, sociedade máis agradecida!


ESCOITA OU DESCARGA OS PODCASTS AQUÍ!



12/5/26

PRESENTACIÓN LITERARIA: "EU MONSTRO", CON GUADALUPE VÁZQUEZ

 Na segunda sesión de hoxe tivemos a inmesa sorte de volver a contar coa visita da profesora e escritora Guadalupe Vázquez Formoso, que nos presentou a súa derradeira novela, "Eu monstro," sobre a transfobia e o acoso escolar.  Nesta ocasión, foron os alumnos e alumnas de 2º ESO os que poideron disfrutar coa literatura sempre comprometida de Guadalupe que, ademais, sorteu entre os asistentes 5 exemplares das súas obras (Eu monstro e Alicia no labirinto das sombras).  Unha vez máis, moitísimas grazas por todo, Guadalupe.




10/5/26

LETRAS GALEGAS 2026

 Nunha nova edición do Día das Letras Galegas, neste curso 2026 estamos a traballar en diferentes frentes: presentacións dixitáis, podcasts, lecturas.  Para comezar, deixámovos enlace a esta presentación feita polo alumnado de Proxecto Competencial de 3º A e PDC con tódolos homenaxeados e homenaxeadas desde a creación deste galardón.

Homenaxeados Letras Galegas 1963-2026

Aquí, a emisión especial completa que fixemos o día 15 desde Radio Agra:

EMISIÓN ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2026 RADIO AGRA

E seguimos cunha das partes desa emisión, con este maravilloso podcast sobre "Anécdotas da Historia" elaborado polo alumnado de 2º ESO coordinado pola profe de historia Teresa Llamas.  Parabéns por este estupendo traballo!

Anécdotas da Historia Podcast

E tamén, este mural coordinado polo ENDL do centro no distribuidor do 1º andar:





24/4/26

NOVEDADES DÍA DO LIBRO

 Especial "Novidades Día do Libro 2026" realizado polo alumnado de proxecto competencial de 2º ESO.

                             














DÍA DO LIBRO 2026

 Un ano máis, estamos de celebración, e por iso levamos a cabo a actividade multidisciplinar de literatur, música e plástica en homenaxe a este día do libro 2026, donde varios alumnos voluntarios leeron fragamentos seleccionados de obras da literatura universal, nacional e galega, acompañados de músicas seleccionadas para a ocasión y con representacións plásticas feitas en tempo real por outros compañeiros e compañeiras.  Fixemos unha sesión para cada curso da ESO, destacando a sesión de 1º ESO donde, ademási, se incluíu un espectáculo de maxia protagonizado polo profesor de clásicas Manuel Carande e o alumno de 1º ESO Ingnacio Delgado.  Grazas a tódolos participantes e, especialmente, á nosa compañeira Lara Trillo, coordinadora do Club de Lectura, que organizou tódalas sesións de forma impecable. 

Deixamos algunhas fotos:

 

                                                    
                        


16/3/26

17-M DÍA DO CÓMIC E O TEBEO

 Adxuntamos o cartel conmemorativo do Día do Cómic e o Tebeo 2026 así como unhas recomendacións do Consello de Cooperación Bibliotecaria.  Algunhas, serán próximas adquisicións na biblio.








8/3/26

E QUÉ VOS PARECE ESTE NOVO ESPAZO DE LECTURA RECREATIVA E EXPOSICIÓN?

Este ano, coa partida PLAMBE para mobiliario, demoslle unha volta a esta zona da biblio e creo que non quedou nada mal. Presentámosvos "O recuncho verde":  butaca, mecedoras, pufs, sofás e paneis para exposición plegables o con rodas!




8-M

 8 de Marzo.  Unha pequena pero gran exposición no recuncho verde da nosa biblioteca.  Neste caso deixámosvos o enlace á publicación do instagram do club de lectura. Click na imaxe.




DÍA DE ROSALÍA 2026

 Ademáis da postal conmemorativa 14F/23F/Letras Galegas xa habitual da nosa biblioteca, para este día de Rosalía varios grupos de proxecto competencial de 2º e 3º ESO prepararon unhas presentacións dixitáis tituladas "As música de Rosalía" con varios exemplos de textos musicados por diferentes grupos e autores de diferentes épocas e estilos musicais.  Estamos tamén pendentes das entregas do concurso de videopoemas que está en marcha coa colaboración do Departamento de Língua Galega en tódolos nivéis educativos.

Clic na imaxe para acceder á presentación " As músicas de Rosalía"



FLIP BOOK "POESÍA AMOROSA"

 Deixamos no enlace este sensacional flip book cunha antoloxía de poesía amorosa en galego realizado polo alumnado de 3º ESO coordinado pola profesora Begoña Barral.  Agardamos que vos guste!

ANTOLOXÍA DA POESÍA AMOROSA

6/2/26

DERRADEIROS TRABALLOS DESDE RADIO AGRA: DÍA DA CANDELORIA E MÁIS...

 No deixedes de escoitar as últimas gravacións de Radio Agra Records.  Estamos a falar dos programas especiais do Día da Paz, con poemas recitados polo alumnado de Oratoria de 4º ESO; Día da Candeloria, con poemas de amor en galego interpretados polo alumnado de 3º ESO; e dous podcast do alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Hixiene bucodental.  Aquí tendes os enlaces:

https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/BQ7gLX2xwTLb3FF?dir=undefined&openfile=6637994

https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/BQ7gLX2xwTLb3FF?dir=undefined&openfile=6637993

https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/BQ7gLX2xwTLb3FF?dir=undefined&openfile=6638007

https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/BQ7gLX2xwTLb3FF?dir=undefined&openfile=6638091




11-F DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

É hoxe unha boa data para lembrar ás marabillosas mulleres da ciencia e algúns dos títulos que albergamos na nosa biblioteca, que están a vosa dispocisión e  podedes ver nas imaxes inferiores.

Permitídenos, en relación con esta significativa data, a recomendación do artígo de hoxe na Voz de Galicia da nosa estimada Guadalupe Vázquez Formoso, escritora local que, próximamente, virá a presentarnos a súa derradeira novela xuvenil "Eu monstro".

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ciencia/2026/02/06/muller-na-ciencia/0003_202602C6C8992.htm








5/2/26

LIBROS COMA AREA, NOVIDADES DO CLUB DE LECTURA

 Non te perdas as derradeiras novidades do noso club de lectura no seu instagram: recomendación lectoras, charlas e, agora tamén, o novo club de rol, que está iniciando as actividades nos recreos. Anímate a participar.    Enlace na imaxe.



4/2/26

DÍA DA PAZ 2026

Entre as diversas iniciativas que plantexamos neste curso para conmemorar a Día da Paz desde a Biblioteca, destacamos a grabación dun podcast que recolle a lectura de poemas sobre a paz de autores nacionales e internacionales, neste caso, a cargo do alumnado de Oratoria de 4º ESO. Este podcast foi emitido no segundo recreo do día 30 de xaneiro e está a disposición pública no blog da biblioteca na sección Radio Agra Records:

https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/BQ7gLX2xwTLb3FF?dir=undefined&openfile=6637994

Por outra banda, o alumnado de Proxecto Competencial de 2º e 3º ESO estiveron a elaborar uns muraís que están expostos na cristaleira da subida ao 1º andar do instituto.  Moitos dos traballos foron feitos cunha estética inspirada  nos grafittis de Bunsky e outros artistas gráficos.







NOVIDADES BANDA DESEÑADA XANEIRO 2026

 

Podedes ver esta presentación coas novidades en banda deseñada no instagram do noso club de lectura, Libros coma area!

https://www.instagram.com/p/DTfRRl2DGcR/?img_index=1
















POSTAL CONMEMORATIVA 14-F / DÍA DE ROSALÍA

Un ano mais levaremos a cabo a iniciativa das cartas de amor/amizade/agradecemento no eido das datas do 14-F e o Día de Rosalía que, nesta ocasión,  inclue tamén o nome e unha imaxe de Begoña Caamaño, escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, para así dar visibilidade a autora entre a nosa comunidade educativa.

Todos os interesados poden recoller as postales na biblioteca, escribir a súa mensaxe e depositar as mesmas no "Buzón do amor" para, posteriormente, poder clasificar e entregar as mensaxes aos seus destinatarios o día 13 de febreiro.  Animádevos a participar!


Deseño postal 2026


EXPOSICIÓN DE LAPPBOOKS E PIZZAS EN LINGUA GALEGA

Preciosas exposicións coordinadas pola profesora de galego Begoña Barral.

Exposición de lapbooks

O alumnado de 1º e 3º da ESO fixeron uns lapbooks ben xeitosos!

Os primeiros fálannos da literatura oral, traendo á aula, e da aula á biblioteca: lendas, cantares, adiviñas… A rapazada de terceiro lévanos a reflexionar sobre a riqueza da diversidade lingüística da península.

Parabéns ao alumnado polo seu traballo!

Exposición “ Un libro, unha pizza!”

Desta vez o alumnado de 1º e de 3º  da ESO analizan lecturas voluntarias e expóñeno dun xeito moi visual: pizzas e laapbooks.

Bota unha ollada e déixate suxerir. Quen sabe, entre os traballos e os libros que os rodean na biblioteca… quizais atopes  a lectura da túa vida!





5/12/25

ACTIVIDADE CONCLUSIÓN ANO CASTELAO

 Como sabedes, este ano 2025 está adicado a Castelao. O ENDL en colaboración coa Biblioteca e o departamento de Lingua Galega, propoñemos unha actividade didáctica especialmente orientada as horas de titoría.

No corredor da biblioteca colgouse a modo de pequena exposición unha selección de caricaturas do escritor e debuxante galego Castelao. Atopanse ademais paneis alusivos ao autor e á súa obra. Propoñemos visitala co alumnado que consideredes oportuno e reflexionar a partir da mesma empregando unha ficha didáctica que adxuntamos.

Como remate da actividade, propoñemos tamén unha "sopa de letras" a partir dunhas pistas que se ofrecen na propia exposición. Esta sopa está tamén como documento adxunto. A idea é que cada alumno/a a complete a súa sopa, poña o seu nome, apelidos e curso e a entregue ao profesor acompañante. Todas as sopas del letras debedes entregalas a Teresa Llamas para reunilas e facer un sorteo con vales - agasallo antes de Nadal entre todos os participantes.

Agardamos que a actividade poida ser útil, incluso para aproveitar algunhas horas de garda ou como consideredes máis oportuno. A proximidade da biblioteca tamén facilita que o grupo que levedes poida dividirse e ir facendo a actividade por grupiños máis pequenos.

Sopa de letras actividade Castelao

Ficha didáctica viñetas Castelao