Sensacional o traballo da nosa compañeira Leticia e os seus alumnos con estes podcast sobre sostibilidade. Agora que nos achegamos ao 22 de Maio (Día Mundial da Diversidade Biolóxica) e ao 5 de xuño (Día Mundial do Medio Ambiente), estes traballos poden ser un bo recurso para aproveitar nalgunha clase, garda e mesmo en horas de titoría.
Uns traballos moi elaborados e moi ben editados. Parabéns a Leticia e os seus alumnos.
Benvidos a Sorrisos con Raíces, un podcast elaborado polo alumnado de 1º curso do ciclo superior de Hixiene Bucodental que consta de 8 episodios. Neles podedes informarvos sobre cales son os principais retos ambientais e sociais aos que nos estamos a afrontar na actualidade, entrevistas á veciñanza, institucións e empresas de Cee, así como obter tips útiles para contribuir a unha sociedade máis sostible e acolledora na que vivir.
Agradecemos enormemente a todas as persoas e establecementos que contribuiron a poder facer deste proxecto de aula unha realidade.
Dádelle moito cariño e, sobretodo, difundide a mensaxe xa que como ben di o refrán... Sostibilidade compartida, sociedade máis agradecida!
ESCOITA OU DESCARGA OS PODCASTS AQUÍ!

No hay comentarios:
Publicar un comentario