Busca na biblio!

Mostrando entradas con la etiqueta normalización lingüística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta normalización lingüística. Mostrar todas las entradas

30/1/16

Día escolar da Paz e da non violencia

O equipo da biblioteca, Normalización lingüística e vicedirección elaboraron un pequeno vídeo para ver, escoitar e reflexionar sobre este tema. Non é un vídeo típico dos que facemos nos centros escolares, esta vez quixemos englobar a comarca, o pobo, que todos celebremos o Día da non violencia e da paz e nel veredes tamén incluidas as fotos da nosa mesa que vos colocamos na entrada anterior. Esperemos que vos guste.

                                  

3/6/15

Entrega de premios As Letras en foto

Esta semana levouse a cabo en Biblioraíces a entrega de premios do concurso de fotografías celebrado a semana das letras galegas. As gañadores están no post do día anterior.
PARABÉNS A TODAS E GRAZAS POR COLABORAR CON BIBLIORAÍCES!!

                                       


12/5/15

As Letras Galegas en foto

Aproveitando a idea de Equipaxe de man de celebrar O Día das Letras Galegas 2015 compartindo  con eles unha foto dun libro en galego nas redes sociais, Biblioraíces convoca un concurso de fotografías reais que teñan como protagonista principal un libro en galego. 
Enviade as vosas fotos ó correo electrónico agraderaices@gmail.com ou a inforfb@gmail.com e serán colgadas no tabolerio da biblioteca e proxectaranse ademais na televisión da entrada.
A autora ou autor da mellor foto elixida polo equipo da biblioteca será agasallado cun dos libros das fotos, se pode ser, co mesmo que estea na foto gañadora.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
Veu visitarme o mar, Rosa Aneiros.
Lugar: Praia de Estorde, Cee.

24/2/12

Rosalía, máis viva ca nunca

Este era o titular da noticia da Voz de Galicia de hoxe 24 de febreiro  onde se conmemora o 175 aniversario do nacemento da escritora.

Tamén se fai eco deste día o xornal Axenda Cultural Galega onde reflicte que a Asociación de escritores e escritoras en lingua galega invitan a conmemorar este día agasallando unha rosa ou un libro en galego, iniciativa seguida polo Concello de Muxía.
Vedes nesta entrada unha fermosa foto de Rosalía publicada no xornal dixital do Barbanza Certo e que conseguimos grazas á publicación dos compañeiros de Quepasanacosta, Diario Dixital da Costa da Morte.
Colocamos tamén un vídeo dun concerto de Amancio Prada cantando o coñecido poema Adeus Ríos Adeus Fontes.....do libro Cantares Gallegos.

2/11/11

Samaín na biblioteca!!!

O venres 28 celebramos o samaín an biblioteca, a actividade estivo DE MEDO!!!Os alumnos e alumnas do instituto visitaron a biblioteca, ambientada para tal actividade, para escoitar as lecturas de terror....
Os relatos escollidos foron precisamente aqueles que gañaron o concurso "Relatos de Terror" organizado pola biblioteca e o ENDL e no ambiente terrorífico interviron as cabazas decoradas polos propios alumnos e participantes no concurso. A continuación tedes os contos gañadores e os alumnos premiados nos dous concursos, así como un vídeo con fotos dese día. Esperamos que vos guste!!!

Samaín, biblioteca "Viva" on PhotoPeach