Busca na biblio!

Mostrando entradas con la etiqueta poesia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesia. Mostrar todas las entradas

21/3/14

21 de Marzo, Día Mundial da Poesía

Coincidindo coa entrada da primavera celebramos o Día da Poesía con Pingas de Poesía en Primavera, esperamos que vos gusten as pingas seleccionadas.

21/3/12

Día Mundial da Poesía

O 21 de Marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Para informarvos sobre este día visitade a páxina da Unesco onde a súa Directora Irina Bokova nos deixa unha mensaxe que Bibliotecas escolares nos resume deste xeito:

«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»


Nós, dende a biblioteca, ademais dun taboleiro de celebración da feliz coincidencia do Día da Poesía e do Día Forestal Mundial (por parte de FAO FORESTAL) o 21 de abril, puxemos en marcha a lectura pública en todas as aulas, coa colaboración do profesorado de Galego, de Castelán e outros, de Credo de Celso Emilio Ferreiro e do soneto de Lope de Vega que segue:

Desmayarse, atreverse, estar furioso,
áspero, tierno, liberal, esquivo,
alentado, mortal, difunto, vivo,
leal, traidor, cobarde y animoso;

no hallar fuera del bien centro y reposo,
mostrarse alegre, triste, humilde, altivo,
enojado, valiente, fugitivo,
satisfecho, ofendido, receloso;

huir el rostro al claro desengaño,
beber veneno por licor süave,
olvidar el provecho, amar el daño;

creer que un cielo en un infierno cabe,
dar la vida y el alma a un desengaño;
esto es amor, quien lo probó lo sabe.