Busca na biblio!

Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas

8/3/16

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A Biblioteca do centro, en colaboración co Departamento de Música e Vicedirección, participou nos actos conmemorativos do Día da Muller Traballadora o 8 de marzo, nunha iniciativa que se enmarca dentro de tódalas actividades planificadas polo centro para esa xornada, na que tamén colaboraron o Departamento de Orientación, Dinamización Lingüistica, Titorías, etc. Pola nosa parte, plantexamos aos alumnos das optativas de Música de 4º ESO e 1º BACH a realización duns pequenos murais expositivos sobre as mulleres compositoras ao longo da Historia da Música, partindo da Idade Media e achegándose ata os nosos días. Móstrase neles unha faceta pouco o nada recoñecida polas diferentes sociedades en que lles tocou vivir, pero que tivo unha gran importancia. Lembremos por exemplo como, en 1625, a compositora Francesca Caccini (filla do coñecido Giulio Caccini) estrenaba La liberazione di Ruggiero, considerada a primeira ópera composta por unha muller, con tanto éxito que se convertíu tamén na primeira ópera italiana en interpretarse fora das fronteiras italianas, concretamente en Varsovia, en 1628. Rematamos esta reseña recordando as palabras doutra das grandes compositoras, neste caso a renacentista Madalena Casulana, que foi a primeira muller occidental en ter música impresa e publicada, e que expresaba o seu sentir desta forma: "Deseo mostrar al mundo, tanto como pueda en esta profesión musical, la errónea vanidad de que sólo los hombres poseen los dones del arte y el intelecto, y de que estos dones nunca son dados a las mujeres"





6/3/15

Día Internacional da Muller

Biblioraíces segue loitando pola igualdade cara a muller e este curso tivo a sorte de ter o venres 6 a moitas alumnas e alumnos atentísimos á actividade MULLERES PIONEIRAS organizada pola profesora Iolanda Rodríguez de Bioloxía en colaboración con outras profesoras e alumnas.
A actividade consistía en que cada dúas alumnas fixeran unha presentación dunha muller pioneira en Galicia nalgún eido, constrastada con unha muller actual que desenvolvese o mesmo traballo.
Deixámosvos aquí unha das presentacións que se proxectaron hoxe na biblioteca.



Ademais da actividade, Biblioraíces publica a 2ª edición dunha guía de obras escritas por mulleres.


24/11/14

Unha cuestión de cambio de actitude.

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Este curso, grazas ás alumnas e alumnos de 1º de bach B e C elaboramos un pequeno vídeo onde expresamos con palabras ou frases curtas o desexo de levar a cabo un cambio de actitude para acabar coa violencia cara a muller e fomentar a igualdade. A idea foi extraída do Proxecto Relaciona 2014: A responsabilidade na igualdade, unha cuestión de cambio de actitude. Esperemos que vos guste. Grazas a tódolas alumnas e alumnos que fixeron posible esta montaxe!!!!

         

14/3/14

MULLER comeza por M

Para conmemorar o Día da Muller que se celebrou o 8 de marzo, biblioraíces participou nunha serie de actividades que se desenvolveron durante a semana pero quere que sigades realizando actividades a través do blog ou en papel relacionadas con este día. Para isto, elaborouse un encrucillado no que todas as palabras comezan con M de Muller e correspóndense con varias cuestións que teñen a súa solución na exposición Cen Mulleres Galegas  que está no corredor da biblioteca e que foi elaborada pola Biblioteca do IES de Ponteareas, grazas dende aquí.
Queda aquí o enlace ó encrucillado, se vos aparece un texto ó principio de que aínda o están revisando vós seguides igual, é un dato da web de aloxamento. Fixádevos que podedes elixir con ou sen temporalización.
Aparecerá algo parecido á foto, pinchades en resolver e adiante.
A desfrutar!!!!


22/11/13

25 de Novembro: Día en contra da violencia cara a muller

Biblioraíces outro ano máis, organiza varias actividades, según nivel, para tratar o tema da violencia cara a muller.
Levarase a cabo a lectura en voz alta do relato "Paciencia" do libro Camiñan descalzas polas rochas de Paula Carballeria e o visionado da curta Pensa o que sentes, gañador do I concurso Cinema nas aulas contra a violencia de xénero onde as e os protagonistas son alumnas e alumnas do pobo e incluso participan alumnos deste centro.


O
Outra actividade con moi boa acollida foi a escritura de mensaxe instantáneas simulando o coñecido formato de whatssap entre dúas persoas que se levou a cabo nas clases de titoría co título NON PASES DOS SINAIS, NON SON COUSA DE GUASA.
 

19/2/13

Certame de Poesía: Mulleres do noso tempo

O concello de Cee convoca o VI Certame de Poesía: Mulleres do noso tempo 2013 co obxecto de incentivar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. No poema entregado valorarase a orixinalidade, a transmisión de valores para mellorar a convivencia e a igualdade entre homes e mulleres.
Podes descargar as bases do concurso no seguinte enlace.
P.D: Só poden participar os maiores de 16 anos.

25/11/12

25 de Novembro. Día Internacional en contra da Violencia cara a muller

Dende Biblioteca viva queremos aportar o noso grao de area a este tema que tanto preocupa á sociedade. É por isto que recompilamos varias citas de diferentes libros que os nosos alumnos lerán un día desta semana no centro para concenciar ó alumnado e persoal sobre este tema.
Publicamos as citas que lerán os alumnos da ESO nesta guía, co nome do Lector e tamén co título e autora do libro que contén a cita.

8/3/12

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Dende Biblioteca Viva invitámosvos a botar unha ollada á seguinte Guía de Lectura, feita especialmente para este Día. Trátase de expoñer unicamente obras escritas por mulleres. Esperemos que sexan do voso agrado e que elixades algunha para ler. Se precisades unha recomendación, preguntade a algún profe da biblio!!